Earl Boen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1941 Nova York (Estados Unidos de América) |
Morte | 5 de xaneiro de 2023 (81 anos) Hawai (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1965 - 2017 |
Earl Oscar Boen, nado en Nova York o 8 de agosto de 1941 e falecido en Hawai o 5 de xaneiro de 2023,[1] foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu papel máis coñecido foi o do psicólogo Peter Silberman en Terminator (1984). Boen tamén representou devandito papel na película Terminator 2: O xuízo final (1991), na cal Silberman traballa nun hospital mental no que Sarah Connor (Linda Hamilton) se atopa internada, e na terceira entrega Terminator 3: A rebelión das máquinas (2003).
Outras películas nas que actuou inclúen The Man with Two Brains (1983), Alien Nation (1988), The Naked Gun 33 1/3: The Final Insult (1994), e Nutty Professor II: The Klumps (2000), así como unha breve aparición en 18 Again! (1988). Tamén apareceu na serie televisiva de comedia estadounidense Alf en 1987 na primeira tempada como o xefe inmediato de William Tanner, na oficina do servizo social.
Boen retirouse da actuación en 2003, mais continuou o seu prolífico traballo como actor de voz na radio, televisión, debuxos animados, ademais de videoxogos até 2017.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Earl Boen faleceu o 5 de xaneiro de 2023 en Hawai por mor dun cancro de pulmón; o actor estaba recibindo tratamento contra a enfermidade dende novembro do ano anterior.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zee, Michaela (06-01-2023). "Earl Boen, Actor in ‘The Terminator’ Movies, Dies at 81". Variety (en inglés). Consultado o 04-09-2023.
- ↑ Fallece Earl Boen, actor de 'Terminator', a los 81 años de edad (7 de xaneiro de 2023). Marca.com.