Economía de Kirguizistán
Economía de Kirguizistán | ||
---|---|---|
Moeda | Som kirguiz | |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CEI, ECO, EURASEC | |
Datos estatísticos[1] | ||
PIB | US$ 11,41 mil millóns (2008) | |
PIB (posición) | 141ª no mundo[2] | |
% de crecemento PIB | 6% (2008) | |
PIB per cápita | US$ 2 100 (2008) | |
PIB por sector | agricultura 32,4%, industria 18,8%, comercio e servizos 49% (2008) | |
Inflación anual | 22,5% (2008) | |
Poboación abaixo da liña da pobreza | 40%[3] (2004) | |
Total da forza de traballo | 2,7 millóns (2000) | |
% traballadores por sector | agricultura 48%, industria 12,5%, comercio e servizos 39,5% (2005) | |
Desemprego | 18% (2008) | |
Principais industrias | pequenas máquinas, téxtiles, procesamento de alimentos, cemento, calzados, madeira serrada, frigoríficos, móbiles, motores eléctricos, ouro, metais de terras raras | |
Parcerías comerciais[1] | ||
Exportacións (US$) | 1 676 millóns f.o.b. (2008) | |
Principais produtos exportados | algodón, la, carne, tabaco, mercurio, ouro, uranio, gas natural, enerxía eléctrica, máquinas, calzados | |
Principais mercados | Rusia 20,7%, Suíza 19,9%, Casaquistán 18%, Afganistán 10,4%, Uzbekistán 7,6%, China 5,5% (2007) | |
Importacións (US$) | 3 476 millóns (2008) | |
Principais produtos importados | petróleo e gas natural, máquinas e equipamentos, produtos químicos, alimentos | |
Principais parceiros | Rusia 40,5%, China 14,7%, Casaquistán 12,9%, Uzbekistán 5% (2007) | |
Finanzas públicas[1] | ||
Débeda externa | US$ 2 966 millóns (2007) | |
Receitas (US$) | 1 170 millóns | |
Despesas (US$) | 1 192 millóns | |
Axuda económica recibida (US$) | 268,5 millóns, dos Estados Unidos (2005)[3] |
A agricultura e a gandaría foron predominantes na economía do Kirguizistán ata que a industrialización promovida por sucesivos gobernos modificou a estrutura económica en case todos os antigos territorios da Unión Soviética. Malia todo, a agricultura e a gandaría constitúen máis da metade do emprego da poboación activa, e ao redor dun 40 por cento do Produto interno bruto. En todo o país, especialmente nas zonas accidentadas, dáse especialmente a gandaría (ovellas, cabalos e bovinos). Nas zonas máis baixas e planas, existe un forte sector agrícola do algodón, e froitas, resultado dunha irrigación extensiva. Tamén se cultivan tabaco, seda e flor de opio.
Actualmente, máis do 20 por cento do PIB do Kirguizistán provén do sector industrial, especialmente relacionado co gran potencial mineiro das súas terras. A extracción mineira de ouro, carbón, antimonio e uranio, entre outros, supuxo un importante acicate para a rápida industrialización. Existen ademais, depósitos de petróleo e gas natural, descubertos recentemente no val de Fergana, pero non conseguen satisfacer a demanda interna. A industria transformadora do coiro, la e carne é relativamente importante.
O goberno fixo un grande esforzo para reducir o déficit fiscal, que case chegou a cero o 2006, antes dun forte aumento das despesas entre 2007-2008[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Central Asia :: Kyrgyzstan". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 22 de abril de 2009.
- ↑ 3,0 3,1 http://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=191®ionID=3[Ligazón morta]
A Galipedia ten un portal sobre: Kirguizistán |