Saltar ao contido

Eduardo o Confesor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo o Confesor

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Edward the Confessor Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1003 ↔ 1005 Editar o valor en Wikidata
Islip, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1066 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
Monarca de Inglaterra
1042 – 5 de xaneiro de 1066 (finado no cargo)
← Canuto II de Inglaterra (pt) TraducirHaroldo II de Inglaterra → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe King's School Ely (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoState administration (en) Traducir, política e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca, político Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa5 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Wessex Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEdith de Wessex (1045, 1045 (Gregoriano)–1066) Editar o valor en Wikidata
PaisEtelredo II de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Ema da Normandia Editar o valor en Wikidata
IrmánsGunhilda da Dinamarca
Goda of England
Æthelstan Ætheling
Edmundo II de Inglaterra
Canuto II de Inglaterra
Eadwig Ætheling
Alfred Aetheling
Eadred Ætheling Editar o valor en Wikidata
ParentesRoberto I de Normandía, curmán entregue
Guillerme I de Inglaterra, sobriño Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wessex-358 Find a Grave: 1945 Editar o valor en Wikidata

Eduardo o Confesor, nado en 1003 e finado o 5 de xaneiro de 1066, foi rei de Inglaterra entre 1042 e 1066. Fillo de Etelredo II o Indeciso e Emma de Normandía, foi un dos últimos reis anglosaxóns de Inglaterra e é xeralmente considerado como o último rei da casa de Wessex.[1][2]

Eduardo foi o sucesor de Canuto Hardeknut, fillo de Canuto o Grande, e restaurou o goberno da casa de Wessex, despois do período do mandato danés desde que Canoto conquistou Inglaterra en 1016. Cando Eduardo morreu en 1066, foi sucedido por Haroldo Godwinson, que foi derrotado e asasinado ese mesmo ano polos normandos, comandados por Guillerme o Conquistador, durante a batalla de Hastings.[3]

Tradicionalmente descríbeselle como inxenuo e piadoso e crese que o seu reinado foi notable pola desintegración do poder real en Inglaterra e o avance no poder da familia Godwin. Con todo, os seus biógrafos Frank Barlow e Peter Rex están en desacordo, para eles Eduardo foi un rei eficiente, dinámico, enxeñoso e ás veces implacable, pero cuxa reputación foi inxustamente embazada pola conquista normanda que aconteceu pouco despois da súa morte.[4][5] Outros historiadores consideran que esta imaxe é só parcialmente certa, pero que non o é en absoluto na última fase do seu reinado. En opinión de Richard Mortimer, o retorno dos Godwin desde o exilio en 1052, «significaba o fin efectivo do seu exercicio do poder». A diferenza no seu nivel de actividade en comparación coa primeira parte do seu reinado «implica unha retirada das responsabilidades».[6]

A Eduardo chámaselle confesor no sentido de confesor da fe, como se denomina na tradición cristiá a alguén que se cre que viviu unha vida santa pero que non foi un mártir, en latín: S. Eduardus Confesor rex Anglorum, en contraposición a S. Eduardus Martyr rex Anglorum.[7] Foi canonizado polo papa Alexandre III en 1161 e é conmemorado o 13 de outubro pola Igrexa de Inglaterra e a Igrexa católica en Inglaterra e Gales. san Eduardo foi un dos santos nacionais de Inglaterra ata que o rei Eduardo III adoptou como patrón a san Xurxo aproximadamente en 1350.[8]

  1. A numeración dos monarcas ingleses comeza de novo despois da conquista normanda, o que explica por que os numerais asignados aos reis ingleses chamados Eduardo comenzan con Eduardo I de Inglaterra e non inclúen a Eduardo el confesor (que foi o terceiro rei Eduardo).
  2. O seu, Haroldo Godwinson, era da casa de Godwin. Edgar Atheling, o herdeiro lexítimo de Eduardo, foi proclamado rei despois da batalla de Hastings en 1066, pero nunca gobernou e foi deposto despois de oito semanas.
  3. "King Harold of Wessex". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 09 de outubro de 2018. 
  4. Barlow, Frank. «Edward the Confessor» (en inglés). Oxford Dictionary of National Biography, 2004.
  5. Rex, Peter (2008). King and Saint: The Life of Edward the Confessor, The History Press, p. 224.
  6. Mortimer, Edward the Confessor, p. 29.
  7. Rex, p. 226
  8. Summerson, Henry (2004). «Saint George» (en inglés). Oxford Dictionary of National Biography.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Eduardo o Confesor
Nacemento: c. 1003 Falecemento: 4 ou 5 de xaneiro de 1066


Títulos Reais
Precedido por
Harthacnut


Rei dos Ingleses
1042–1066
Sucedido  por
Haroldo Godwinson