Saltar ao contido

El fred que crema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El fred que crema
Ficha técnica
Título orixinalEl fred que crema
DirectorSanti Trullenque
GuiónAgustí Franch
Santi Trullenque
IntérpretesGreta Fernández
Roger Casamajor
Adrià Collado
Pedro Casablanc
Daniel Horvath
Ksawery Szlenkier
MúsicaFrancesc Gener
FotografíaÀlex Sans
MontaxeMarc Vendrell
EstudioFilms de l'Orient
Red Nose
Arlong Productions
DistribuidoraFilmax
EstreaBCN Film Fest: 26 de abril de 2022
OrixeCataluña Cataluña
Andorra Andorra
XéneroDrama histórico
Na rede
IMDB: tt11934038 Filmaffinity: 875386 Editar o valor en Wikidata

El fred que crema é un filme catalán-andorrano de 2022 dirixido por Santi Trullenque. Trátase dun thriller histórico ambientado en Andorra durante a segunda guerra mundial no contexto da fuga dos xudeus polo principado a través da figura dos pasadores. Está protagonizado por Greta Fernández, Roger Casamajor, Adrià Collado, Pedro Casablanc e Daniel Horvath. Estreouse no BCN Film Fest en abril de 2022[1] e foi o filme inaugural do FIC-CAT 2022. Chegou aos cinemas o 20 de xaneiro de 2023.

A acción sitúase en Andorra no inverno de 1943. Os matemáticos polacos xudeus Marian Rejewski e Henryk Zygalski, foxen da Francia de Vichy pasando polo principado. En Sispony, un matrimonio de mozos labregos formado por Sara e Antoni ofrécelles refuxios, ao tempo que afloran contradicións e rancores pasados.[2][1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]