Fundado en 1932 como Club Deportivo Ilicitano. Chegou a xogar dúas tempadas na Segunda División a finais dos anos 60. Mentres o primeiro equipo triunfaba en Primeira División, o filial tamén o facía en Segunda.
O 16 de xuño de 2012 consegue regresar a Terceira División. Tras gañar na ida 3-0 e perder na volta 0-2 fronte ao filial do Hércules CF.
Na tempada seguinte, proclámase campión do grupo 6 de Terceira División e xoga a promoción de ascenso, na que vence a dobre eliminatoria ao UE Olot por un global de 3-2, ascendendo a Segunda B por primeira vez na historia.