Eleanor F. Helin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Eleanor Key Francis 19 de novembro de 1932 Pasadena, Estados Unidos de América |
Morte | 25 de xaneiro de 2009 (76 anos) |
Educación | Occidental College (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónoma, discoverer of minor planets (en) |
Empregador | Laboratorio de Propulsión a Chorro Observatorio Palomar |
Familia | |
Cónxuxe | Ronald Helin |
Premios | |
|
Eleanor Key Francis "Glo" Helin, nada o 9 de novembro de 1932 e finada o 25 de xaneiro de 2009, foi unha astrónoma norteamericana. Foi investigadora do programa Near-Earth Asteroid Tracking (NEAT) do Laboratorio de Propulsión a Chorro.[1][2][3] da NASA ata a súa xubilación en 2002.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Helin traballou en ciencia planetaria e astronomía no Instituto Tecnolóxico de California e o Laboratorio de Propulsión a Chorro durante tres décadas. A principiar a década de 1970 iniciou o Palomar Planet-Crossing Asteroid Survey (PCAS, programa responsable do descubrimento de milleiros de asteroides de todos os tipos, incluíndo máis de 200 en órbitas de inclinación altas, e en órbitas raras e tipos únicos de órbitas, así como 20 cometas e aproximadamente o 30 por cento dos asteroides próximos á Terra descubertos en todo o mundo.
Helin organizou e coordinou o International Near-Earth Asteroid Survey (INAS) durante a década de 1980, animando e estimulando o interese internacional polos asteroides.
Tras dirixir o programa de busca fotográfica do PCAS durante case vinte e cinco anos, Helin concentrouse no programa de busca Near Earth Asteroid Tracking (NEAT) usando sensores electrónicos nun telescopio de grande apertura, que logrou detectar máis de 26000 obxectos.
Helin pesoalmente descubriu ou codescubriu 872 asteroides, entre eles os primeiros dous Atón: 2062 Atón e 2100 Ra-Shalom; os asteroides apolo 4660 Nereus, 4769 Castalia e outros; varios Asteroides Amor; tres asteroides troianos incluíndo o 3240 Laocoon; e 9969 Braille. Tamén descubriu varios cometas, como os cometas periódicos 111P/Helin–Roman–Crockett, 117P/Helin–Roman–Alu e 132P/Helin–Roman–Alu.
Na súa honra bautizouse o asteroide 3267 Glo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eleanor Francis Helin". WITI Hall of Fame. Women in Technology International. Consultado o 23 July 2014.
- ↑ Malerbo, Dan (4 March 2010). "Let's Learn About: Dr. Eleanor F. Helin". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 23 July 2014.
- ↑ "The Helin Commemorative Exhibit: Searching the Sky for Dangerous Neighbors". Palomar Observatory. California Institute of Technology. Consultado o 23 July 2014.