Saltar ao contido

Eleanor Roosevelt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEleanor Roosevelt

(1933) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Anna Eleanor Roosevelt Editar o valor en Wikidata
11 de outubro de 1884 Editar o valor en Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte7 de novembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Upper East Side, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHome of Franklin D. Roosevelt National Historic Site (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Asemblea Xeral das Nacións Unidas
decembro de 1945 – 1952
Primeira dama dos Estados Unidos
4 de marzo de 1933 – 12 de abril de 1945
← Lou Hoover (pt) TraducirBess Truman (pt) Traducir →
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York
Washington, D.C.
Hyde Park Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
EducaciónAllenswood Boarding Academy (en) Traducir (1899–1902)
The New School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereitos humanos, política e Filantropía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Washington, D.C.
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomática, xornalista, activista pola paz, Activista polos dereitos humanos, activista polos dereitos das mulleres, autobiógrafa, política, escritora, columnista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Brandeis
ONU Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
FamiliaFamilia Roosevelt Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFranklin D. Roosevelt (1905–1945), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosAnna Roosevelt Halsted, James Roosevelt, Franklin Delano Roosevelt, Elliott Roosevelt, Franklin Delano Roosevelt Jr., John Aspinwall Roosevelt Editar o valor en Wikidata
PaisElliott Bulloch Roosevelt Editar o valor en Wikidata  e Anna Hall Roosevelt Editar o valor en Wikidata
IrmánsHall Roosevelt Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Eleanor Roosevelt Story (pt) Traducir
Obálky knih,
Medvik >>>:Roosevelt, Eleanor, 1884-1962, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0740482 BNE: XX1097388 Musicbrainz: b6b12fa4-d473-4a89-91cf-d0b299ab5aca Discogs: 1345130 WikiTree: Roosevelt-10 Find a Grave: 896 Editar o valor en Wikidata
Roosevelt.

Anna Eleanor Roosevelt, nada en Nova York o 11 de outubro de 1884 e finada en Manhattan o 7 de novembro de 1962, foi unha política estadounidense, diplomática e defensora dos Dereitos Humanos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla máis vella de Elliot e Anna Hall Roosevelt e neta favorita de Theodore Roosevelt, casou en 1905 cun primo en 5º grao, Franklin Delano Roosevelt. Como esposa do Presidente dos Estados Unidos, foi a muller estadounidense que máis tempo permaneceu como Primeira Dama.

Durante o período posterior á crise de 1929 viaxou a través dos Estados Unidos promovendo a New Deal, e visitou as tropas nas frontes de batalla da segunda guerra mundial. Participou nas formacións de numerosas institucións, sendo as máis notables entre elas as Nacións Unidas, a Asociación de Nacións Unidas, e a Casa da Liberdade, (Freedom House). Presidiu o comité que aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. O Presidente Harry Truman referiuse a ela como a Primeira Dama do Mundo en honra aos seus extensos viaxes para promover os Dereitos Humanos.

En 1939 organizou para a cantante negra Marian Anderson, que fora rexeitada polo Constitution Hall, un recital no Lincoln Memorial cunha audiencia de 70.000 espectadores e radiodifusión por todo o país. O seu matrimonio non foi para ela obstáculo para oporse á decisión do seu marido de firmar a orde executiva 9066 que resultou no internamento de 110.000 xaponeses e descendentes de xaponeses na Costa Oeste dos Estados Unidos de América.

Trala segunda guerra mundial participou na formulación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, referíndose a ela como "A carta magna da humanidade".

Continuou participando activamente na vida política do seu país ata a súa morte en 1962.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A figura de Eleanor Rosevelt foi a elixida como protagonista da terceira das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos, na súa emisión de 2023.[1]

  1. "Eleanor Roosevelt Quarter". United States Mint.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]