Ellery Queen
Biografía | |
---|---|
Grupo | house name (en) pseudônimo coletivo (pt) personaxe literario serie |
Frederic Dannay (pt) (Nova York, 20 de outubro de 1905 - White Plains (pt) , 3 de setembro de 1982). Escritor Manfred B. Lee (pt) (Brooklyn, 11 de xaneiro de 1905 - Connecticut, 3 de abril de 1971). Escritor | |
Morte | 3 de setembro de 1982 |
Actividade | |
Ocupación | futbolista, editor literario, escritor |
Período de actividade | 1928 - |
Xénero artístico | Ficción detectivesca |
Pseudónimo literario | Ellery Queen Ellery Queen, Jr. Barnaby Ross |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
Ellery Queen é un dos heterónimos escolleitos en 1929 polos curmáns Frederic Dannay (20 de outubro de 1905-3 de setembro de 1982)[1] e Manfred B. Lee (11 de xaneiro de 1905-3 de abril de 1971)[2], dous prolíficos escritores norteamericanos de novela policial. Co tal alcume, seguiron a asinar obras até 1979. Así mesmo, Ellery Queen é o nome co que estes autores bautizaron o detective protagonista dunha longa serie de relatos e novelas. Este personaxe acadou gran sona, feito polo que os curmáns Dannay e Lee decidiron crear en 1941 a revista literaria Ellery Queen’s Mystery Magazine (EQMM), considerada unha das máis influentes publicacións relacionadas co xénero do misterio en lingua inglesa na segunda metade do século XX[3].
As historias de Ellery Queen foron levadas á radio (o rol do detective correspondeulle a Hugh Marlowe), ao cinema (con George Nader como protagonista) e á televisión[4], onde Queen foi interpretado por Donald Cook, Eddie Quillan, Ralph Bellami ou William Gargan.
A franquía Ellery Queen tamén se estendeu ao teatro[5], á banda deseñada e mesmo aos xogos de mesa[6].
Obra[7]
[editar | editar a fonte]- 1929: The Roman Hat Mystery
- 1931: The Dutch Shoe Mystery
- 1932: The Greek Coffin Mystery
- 1932: The Egyptian Cross Mystery
- 1933: The Siamese Twin Mystery
- 1934: The Chinese Orange Mystery
- 1935: The Spanish Cape Mystery
- 1936: Halfway House
- 1939: The Dragon’s Teeth
- 1945: The Murderer is a Fox
- 1949: Cat of Many Tails
- 1950: Double, Double
- 1951: The Origin of Evil
- 1958: The Finishing Stroke
- 1964: … and on the Eighth Day
- 1966: A Study in Terror
Traducións ao galego
[editar | editar a fonte]En galego está publicado un relato seu dentro da obra Antoloxía do relato policial (Vicens Vives, 2013)[8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha do persoeiro en Findagrave.com (en inglés).
- ↑ Ficha do persoeiro en Findagrave.com (en inglés).
- ↑ Symons, Julian. Bloody Murder. Faber and Faber, 1972. ISBN 0-14-003794-2
- ↑ Ficha de The Mandarin Mystery en Archive.org (en inglés).
- ↑ Vertigo brings Ellery Queen to Calgary stage with Calamity Town, nova en Calgary Herald o 29 de xaneiro de 2016 (en inglés).
- ↑ Páxina web sobre a figura de Ellery Queen, en Neptune.spaceports.com. Consultada o 10 de febreiro 2017 (en inglés).
- ↑ É unicamente unha escolma.
- ↑ Catálogo da editorial en 2017 Arquivado 11 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., páx. 13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Ellery Queen is the American detective story" (en inglés).
- Emisións radiofónicas de Ellery Queen no dominio público (en inglés).