Emishi
O termo Emishi (蝦夷?) era empregado no Xapón (antes do século VII escrito como 毛人) para designar ós habitantes do nordeste de Honshū, no que hoxe se coñece como a rexión de Tōhoku. Algunhas tribos desta rexión opuxéronse e resistiron ó goberno do Emperador do Xapón a finais do período Nara e comezos do período Heian. Algúns historiadores contemporáneos aseguran que os emishi eran nativos descendentes da cultura Jōmon e que estaban relacionados cos ainus. A diferenza étnica dos habitantes de yamato cos emishi non está en dúbida, pois os emishi contaban cunha lingua moi diferente que os académicos non puideron reconstruír.
Orixe da verba "Emishi"
[editar | editar a fonte]A primeira mención deste pobo fóra do Xapón é no libro chinés Song Shu onde se fai referencia ós "55 reinos (国) de xente peluda (毛人) do leste..." Os xaponeses empregaron os mesmos kanjis para describilos, pero mudaron a súa lectura de kebito ou mojin a emishi. Máis adiante os kanjis cambiaron a 蝦夷.
Conquista
[editar | editar a fonte]Os emishi estaban constituídos por moitas tribos, algunhas aliadas dos xaponeses (fushu, ifu), mentres que outras permaneceron hostís (iteki).[1] Os emishi do nordeste de Honshū dependían dos seus cabalos durante o combate, polo que desenvolveron un sistema único de ataque e fuxida por medio de arqueiros a cabalo que era moi efectivo contra o lento exército imperial xaponés desa época, composto case exclusivamente por infantaría pesada. Os primeiros intentos de subxugar estas tribos foron un fracaso pois a técnica de guerra de guerrillas utilizada polos emishi era superior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Takahashi, pp. 110-13.