Saltar ao contido

Emotivismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O emotivismo ético é unha corrente metaética que afirma que os xuízos de valor non afirman nada sobre ningún obxecto externo (acción avaliada) ou interno (estado de ánimo), só expresan certas emocións. Expresar non é o mesmo que afirmar: así expresar unha dor (ás veces cun "Ai!") é distinto que afirmar que se sente. Ao non ser afirmacións, os xuízos de valor non son nin verdadeiros nin falsos; polo tanto carece de sentido falar de verdades morais ou dun coñecemento moral. A súa función é expresar emocións ou persuadir aos demais para que sintan o mesmo.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Durante o século XX o emotivismo foi das teorías metaéticas máis influentes. Os seus representantes máis destacados foron o filósofo británico Alfred Jules, portavoz do empirismo lóxico en Inglaterra e o estadounidense Charles Leslie Stevenson.

Alfred Jules

[editar | editar a fonte]

Sostén que os xuízos de valor non afirman nada nin sobre ningún obxecto do mundo (como aseveran as posturas obxectivistas) nin sobre o estado persoal de ánimo do enunciador (como supón o subxectivismo).

O desexo moral manifesta a pretensión de estender universalmente a calidade valorada.

C. L. Stevenson

[editar | editar a fonte]

Stevenson admite que hai un razoamento moral, é dicir, que tendemos a apoiar os nosos xuízos morais mediante razóns. O que fai posible este apoio é o feito de que as nosas actitudes morais están psicoloxicamente emparentadas coas nosas crenzas, e a alteración das crenzas en xeral a modificación das actitudes do caso.

Segunda metade século XX

[editar | editar a fonte]

O filósofo Georg Henrik von Wright, creador da lóxica das normas, desenvolveu unha versión propia desta teoría. Allan Gibbard formulou unha teoría expresivista das normas. Nicolás Zavadivker intentou ampliar o emotivismo de forma tal de incorporar as pretensións de validez que segundo as correntes neo-racionalistas manifestan os xuízos morais, no marco dunha posición emotivista, contra o que afirmaban os primeiros partidarios desta doutrina.

O emotivismo moral

[editar | editar a fonte]

O emotivismo moral oponse ao intelectualismo moral. Esta última teoría moral afirma que a condición necesaria e suficiente para a conduta moral é o coñecemento. Esta teoría parece contraria ás ideas correntes pois para a maioría das persoas pódese ser malo sabendo con todo que é o que se ha de facer, cal é o noso deber. O emotivismo moral achégase moito máis á concepción corrente ou de sentido común ao destacar a importancia da esfera dos sentimentos e as emocións na vida moral.

David Hume

[editar | editar a fonte]

David Hume é o seu máis importante defensor, no Apéndice I da obra Investigación sobre os principios da moral, Hume presenta con claridade as teses básicas do emotivismo moral e da súa crítica ao racionalismo moral, e inmediatamente sinala que a razón ten unha achega notable na loanza moral: as calidades ou as accións que encomiamos son aquelas que gardan relación coa utilidade, coas consecuencias beneficiosas que traen consigo para a sociedade e para o seu posuidor. A razón pode axudarnos a decidir cales son as consecuencias útiles ou perniciosas das calidades e as accións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]