Saltar ao contido

Emperador Konoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmperador Konoe

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 近衛天皇 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1139 Editar o valor en Wikidata
Heian-Kyo, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1155 Editar o valor en Wikidata (16 anos)
Heian-Kyo, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAnrakuju-in (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador do Xapón
5 de xaneiro de 1142 – 22 de agosto de 1155
← Imperador Sutoku (pt) TraducirImperador Go-Shirakawa (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa Imperial do Japão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFujiwara no Tashi
Fujiwara no Shimeko Editar o valor en Wikidata
PaisImperador Toba Editar o valor en Wikidata  e Fujiwara no Nariko Editar o valor en Wikidata
IrmánsKakushō-nyūdōshinnō
Kakukai-hosshinnō
Imperador Go-Shirakawa
Imperador Sutoku
Akiko-naishinnō
Kenshi-naishinnō
Shōshi-naishinnō
Muneko-naishinnō
Shushi-naishinnō Editar o valor en Wikidata
ParentesImperador Sutoku, pai adoptivo
Fujiwara no Kiyoko, pai adoptivo Editar o valor en Wikidata

O Emperador Konoe (近衛天皇 Konoe-tennō?, 16 de xuño de 1139-22 de agosto de 1155) foi o 76º emperador do Xapón,[1] segundo a orde tradicional de sucesión.[2]

O reinado de Konoe estendeuse entre os anos 1142 e 1155.[3]

Xenealoxía

[editar | editar a fonte]

Antes da súa suba ao Trono do Crisantemo, o seu nome persoal (imina)[4] foi Narihito-shinnō (体仁親王).[5] Tamén foi coñecido como Tosihito-shinnō.[6]

Foi o oitavo fillo do Emperador Toba.[6] A súa nai foi Fujiwara Tokuko (1117–1160), muller de Toba.[7]

Kōgō Fujiwara Masuko (1140–1201) foi a esposa do Emperador Konoe; mais tras o pasamento deste casou co Emperador Nijo. Máis tarde, foi chamada Grande Emperatriz Viúva Omiya.[8]

Acontecementos da vida de Konoe

[editar | editar a fonte]

Konoe foi nomeado herdeiro ao pouco de nacer e foi proclamado emperador aos 3 anos.

  • Eiji 1, No 3º mes (1141) o emperador Toba aceptou a tonsura e fíxose monxe budista con 39 anos.[9]
  • Eiji 1, 7º día do 12º mes (永治元年; 1141): No 18º ano do reinado de Sutoku-tennō (崇徳天皇十八年), o emperador abdicou, e a sucesión (senso) recaeu no seu irmán máis novo, o oitavo fillo do Emperador Toba. Pouco despois, Konoe accedeu ao trono (sokui).[10]

Daquela, o Kampaku Fujiwara-no Tadamichi converteuse no Sesshō ou rexente. O emperador enclaustrado Toba continou dirixindo todos os asuntos de Estado, mentres o retirado Emperador Sutoku carecía de poderes. Este conflito provocou numerosas polémicas durante o reinado de Konoe.[6]

  • Kōji 2, no 1º mes (1143): O emperador enclaustrado Toba, que agora era coñecido polo título de Daijō Hōō ou simplemente Hōō (太上法皇), visitou a súa nai.[6]
  • Kōji 2, no 5º mes (1143): Konoe pasou os seus días orando no Todai-ji e noutros templos do Monte Hiei.[6]
  • Ten'yō gannen ou Ten'yō 1, no 7º mes (1145): Albiscouse un cometa no ceo polo que mudou o nome de nengō polo de Kyūan.[6]
  • Kyūan 1, no 8º mes (1145): A nai do anterior emperador, Sutoku, (tamén coñecida como "Taikenmon-In") faleceu.[6]
  • Kyūan 2, no 2º mes (1146), Konoe visitou Toba-no-Hōō.[6]
  • Kyūan 2, no 12º mes (1146), Konoe participou nunha celebración en honor ao Sesshō Fujiwara no Tadamichi (o rexente) no seu 58º aniversario.[6] Este evento foi importante xa que, en cada ciclo sexaxenario, ter 1 ou 58 anos auguraba boa fortuna segundo os principios da astroloxía chinesa.
  • Kyūan 4, no 6º mes (1148: O palacio imperial foi consumido polo lume.[11]
  • Kyūan 6, no 1º mes (1150): Konoe asumiu o papel de adulto maduro e casou con Fujiwara-no Tokoku, quen fora criada por Sadaijin Yorinaga. Tokoku, que era filla de Dainagon Taira-no Kiyomori, converteuse en Kōkōgō (皇皇后) ou primeira emperatriz.[11]
  • Kyūan 6, no 3º mes (1150): Konoe volveu esposar, desta vez con "Feï-si," quen fora criada polo Sesshō Fujiwara-no Tadamichi. Filla do Dainagon Fujiwara-no Koremichi, tornouse Chūgū (中宮) ou segunda emperatriz. Konoe estaba tan namorado desta segunda muller que descoidou a primeira, o que provocou discordia no kugyō, especialmente entre Tadamichi e Yorinaga.[11]
  • Kyūan 6, no 12º mes (1150): O Sesshō Minamoto-no Tadamichi, renunciou á súa posición e foi nomeado Daijō Daijin. Neste mesmo mes, Minamoto-no Yoshikane pasou a ser a cabeza de familia do clan Ashikaga na provincia de Shimotsuke.[11]
  • Ninpei 1, no 1º mes (1151): Sadaijin Yorinaga recibiu poder adicional como "Naï-ken," o que lle outorgaba o deber e a oportunidade de ler solicitudes formais antes de seren entregadas ao emperador. Con isto tiña os poderes do Sesshō e mais do Kampaku. As faccións da Corte que favorecían a Yorinaga adoitaban ter aversión por Tadamichi, e empregaban calquera medio posíbel para axudar a elevar a posición de Yorinaga. Porén, o carácter caprichoso de Yorinaga provocaba que este non fose do agrado de moitos. As súas tácticas e estratexia para mellorar o seu prestixio centráronse principalmente en diminuír o papel de Tadamichi na Corte[12]
  • Ninpei 2, no 7º día do 3º mes (1152): Konoe visitou a casa de Toba-no-Hōō para festexar o 50º aniversario do seu proxenitor; o emperador permaneceu até o día seguinte, divertíndose con bailes e escoitando espectáculos musicais.[13]
  • Ninpei 3, no 2 º do 2º mes (1153): Konoe visitou a casa do seu pai, e nese mesmo mes Taira-no Tadamori, a cabeza do Tribunal Penal, finou, e a súa posición decontado foi asumida polo seu fillo, Taira-no Kiyomori.[13]
  • Kyūju gannen ou Kyūju 1, no 5º mes (1154): Udaijin Minamoto-no Masasada retirouse da vida pública co fin de converterse en sacerdote á idade de 61. Feneceu varios anos despois.[13]
  • Kyūju gannen ou Kyūju 1, no 8º mes (1154): Fujiwara-no Saneyoshi, o Gran Xeneral da Dereita, foi ascendido a Gran Xeneral da Esquerda; e o anterior "Dainagon" Fujiwara-no Kanenaga (17 anos) foi ascendido, ocupando así a recentemente vacante praza de Gran Xeneral da Dereita.[13]
  • Kyūju 2, no 23º día do 7º mes (1155): O emperador Konoe finou con 17 anos sen deixar ningún herdeiro.[14]
  • Kyūju 2, no 24º día do 7º mes (大同元年; 1155): Tras os 14 anos do reinado de Konoe (近衛天皇14年), o emperador morreu e malia a garantida disputa sobre quen debería ser o próximo soberano, os eruditos da época concluíron que a sucesión (enso) debía ser recibida polo irmán máis novo, o fillo de 14 anos do antigo Emperador Toba. Pouco despois o Emperador Go-Shirakawa accedeu ao trono (sokui).[15]

Durante o reinado de Konoe construíuse o Templo Enshō (Supremacía da Duración). Despois disto, os sucesivos emperadores non construirían templos imperiais destinados á oración.[16]

Konoe gobernou 13 anos: 2 anos en nengō Kōji, 1 ano en Ten'yō, 6 anos en Kyūan, 3 wn Ninpei e 2 anos en Kyūju.[13]

Kugyō (公卿) é un termo que designa o grupo formado polos homes máis poderosos da corte do Emperador do Xapón (nas épocas anteriores ao Período Meiji).

En xeral, este grupo de elite incluía 3 ou 4 homes ao tempo. Eran cortesáns cuxa experiencia e presenza os levaría ao cume da súa traxectoria profesional. Durante o mandato de Konoe, esta cúspide do Daijō-kan incluía:

  • Sesshō, Fujiwara Tadamichi, 1099–1164.[17]
  • Daijō-daijin, Sanjō Saneyuki, 1079–1162.[17]
  • Sadaijin, Fujiwara Yorinaga, 1120–1156.[17]
  • Sadaijin, Minamoto Arihito, 1103–1147.[17]
  • Udaijin, Sanjō Saneyuki, 1079–1162.[17]
  • Udaijin, Minamoto Arihito, 1103–1147.[17]
  • Nadaijin, Minamoto Arihito, 1103–1147.[17]

Eras do reinado de Konoe

[editar | editar a fonte]

Os anos do goberno de Konoe identifícanse especificamente por máis dunha era ou nengo.[18]

  • KōjiKōji (1142–1144)
  • Ten'yō (1144–1145)
  • Kyūan (1145–1151)
  • Ninpei (1151–1154)
  • Kyūju (1154–1156)
Kamon do Imperio Xaponés — flor do Crisantemo
  1. Imperial Household Agency (Kunaichō): 近衛天皇 (76)
  2. Ponsonby-Fane, Richard. (1959). The Imperial House of Japan, pp. 80.
  3. Titsingh, Isaac. (1834). Annales des empereurs du Japon, pp. 186–188; Brown, Delmer et al. (1979). Gukanshō, pp. 324–326; Varley, H. Paul. (1980). Jinnō Shōtōki. p. 205.
  4. Brown, pp. 264. [Ata o tempo do emperador Jomei, os nomes persoais dos emperadores (a súa imina) eran moi longos e a xente non os usaba. O número de caracteres en cada nome diminuíu despois do reinado de Jomei]
  5. Brown, p. 324; Varley, p. 205.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Titsingh, p. 186.
  7. Kitagawa, H. (1975). The Tale of the Heike, p. 240.
  8. Kitagawa, p. 298.
  9. Titsingh, p. 185.
  10. Titsingh, p. 186; Brown, p. 324; Varley, p. 44. [Un acto distinto de senso non é recoñecido antes do emperador Tenji; e todos os soberanos excepto Jitō, Yōzei, Go-Toba, e Fushimi teñen senso e sokui no mesmo ano ata o reinado de Go-Murakami.]
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Titsingh, p. 187.
  12. Titsingh, p. 187-188.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Titsingh, p. 188.
  14. Brown, pp. 324–325.
  15. Titsingh, p. 189; Brown, p. 326; Varley, p. 44.
  16. Brown, p. 326.
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 Brown, p. 325.
  18. Titsingh, pp. 185–188; Brown, pp. 325–326.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]