Ente
Ente[1] (ens en latín, do grego on, participio presente do verbo einai, ser) ou entidade, é un termo central na meirande parte da historia da filosofía. No seu sentido máis xeral úsase para designar un ser calquera, isto é, unha cousa que está “sendo”, que existe.[2]
Na filosofía grega a discusión filosófica sobre o ente xiraba en torno a se está sometido ou non ó cambio. Neste sentido, pódese afirmar que todo o pensamento grego aliméntase da tensión entre Física (ciencia do cambio) e Metafísica (ciencia do inmutable).
Durante o período escolástico diferénciase entre o ente increado (Deus) e os entes creados (as cousas do mundo). Outra división é entre ente real (ens reale) e ente de razón (ens rationis): o primeiro son as cousas que existen realmente (animais, plantas, seres inertes), mentres que o segundo só existe no pensamento (por exemplo, un dragón, o Quixote etc.).
Xa no século XX, Martin Heidegger somete a unha profunda revisión as concepcións tradicionais do ente establecendo unha nova división: Dasein (ente humano), Zuhandenheit (cousas á man, utensilios) e Vorhandenheit (cousas presentes á vista).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ente.
- ↑ Ferrater Mora, José; Terricabras, Josep-Maria (1994). Diccionario de filosofía (en portugués) 2. São Paulo: Loyola. p. 838.