Epístolas de Xoán
As epístolas de Xoán son un conxunto de tres libros do Novo Testamento que se cre que foron escritos entre os anos 85 e 100.[1] Tradicionalmente considérase como o seu autor a Xoán o Evanxelista.
Primeira Epístola de Xoán
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Primeira Epístola de Xoán.
Esta epístola, a diferenza das outras dúas, é máis un sermón para axudar a fortalecer a fe do pobo en Xesús, para axudar a entender por que un ser tan grande como o fillo de Deus tería unha vida terreal e a morte agónica dun mortal.[2]
Segunda Epístola de Xoán
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Segunda Epístola de Xoán.
Esta epístola é unha breve carta do Apóstolo a unha anónima «señora elixida» a quen ama e aos seus fillos.[3] Na carta de Xoán, el advirte sobre abrir a casa aos falsos mestres e conmina a practicar sempre a verdade evitando o segredo.
Terceira Epístola de Xoán
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Terceira Epístola de Xoán.
A terceira epístola, tamén unha carta breve, diríxese a un home chamado Gaio e menciónao como «un querido amigo». Fala dun home chamado Diótrefes a quen Gaio excomungou da igrexa, quen suscitara un sentimento anti-misioneiro, tratando de conseguir que a igrexa evitase recibir aos misioneiros. Crese que a carta foi entregada por un terceiro personaxe, Demetrio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tenney, Merrill. "THE EPISTLES OF JOHN". www.abideinchrist.com.
- ↑ "THE EPISTLES OF JOHN". www.earlychristianwritings.com.
- ↑ Missler, Chuck. "A Timely Study The Epistles of John". khouse.org.