Equipo de protección individual
Equipo de protección individual (EPI) é segundo a directiva 89/686/CEE da Comunidade Europea e o Real Decreto 773/1997, de 30 de maio, calquera equipo individual destinado a ser levado ou suxeitado polo traballador para que o protexa dun ou varios riscos que poidan ameazar ou poñer en perigo a súa seguridade ou saúde, así como calquera complemento ou accesorio para esas funcións.
Tipos de EPI
[editar | editar a fonte]Os EPI empregados en seguridade laboral están descritos nas normas europeas. As normas non diferencian os EPI segundo sexan para uso por particulares ou traballadores. Aínda así as marcas comerciais teñen liñas de produtos diferenciadas para o uso por particulares e por traballadores, sendo os deseños para o sector industrial máis centrados na seguridade e as normas que no deseño e a estética. Estas normas de seguridade son obrigatorias estando prohibido o uso de EPI non homologados, todos deben levar marcado CE.
- Protección da cabeza: casco (EN 397)
- Protección auditiva (EN 352)
- Protección ocular e facial (EN 166)
- Protección respiratoria (EN 137)
- Protección de mans e brazos (EN 388)
- Protección de pés e pernas (EN 20345)
- Protección traballo en altura (EN 361, EN 358)
- Roupa de alta visibilidade (EN 471)
Normativa en Europa
[editar | editar a fonte]Directiva 89/686/CEE[1], de 21 de decembro (en España Real Decreto 1407/1992), modificada polas directivas:
- 93/68/CEE
- 93/95/CEE
- 96/58/CE
Avisos
[editar | editar a fonte]En tódalas obras e lugares de traballo existen avisos en forma de carteis indicando a obrigatoriedade de usar EPI e prohibindo o acceso a persoas alleas. Estes avisos están regulados segundo R.D. 485/1997, ISO 7010 e DIN 4844-2.
-
Obrigatorio usar arnés por risco de caída, traballo en alturas (>2m)
-
Obrigatorio usar roupa de traballo
-
Uso obrigatorio de protección facial
-
Uso obrigatorio de lubas
-
Uso obrigatorio de protección auditiva
-
Uso obrigatorio de calzado de seguridade
-
Uso obrigatorio de casco
-
Uso obrigatorio de protección respiratoria
-
Uso obrigatorio de protección ocular
-
Cartel de obra.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]