Saltar ao contido

Euskaltzaindia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Euskaltzaindia
Tiporegulador lingüístico e base de datos
Data de fundación1918
Presidente/aAndres Urrutia (pt) Traducir (2005-) Editar o valor en Wikidata
SedeEuskaltzaindia's headquarters
PaísEspaña e Francia
43°15′34″N 2°55′22″O / 43.259472, -2.922664
Na rede
http://www.euskaltzaindia.eus, https://www.euskaltzaindia.eus/es/, https://www.euskaltzaindia.eus/fr/ e https://www.euskaltzaindia.eus/en/
Facebook: plazaberri Twitter: plazaberri BNE: XX137529 Dialnet: 2372496 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Euskaltzaindia (en castelán: Real Academia de la Lengua Vasca, en francés: Académie de la Langue Basque) é unha institución cultural que ten como obxectivo velar pola lingua vasca, fundada no ano 1919, recoñecida desde 1976 polo Estado español[1], baixo a denominación de Real Academia. A Euskaltzaindia foi impulsada, do mesmo xeito que a Eusko Ikaskuntza, polas catro deputacións vasco-navarras, para coidar e normalizar o uso do éuscaro, así como o seu estudo filolóxico e etimolóxico.

O seu emblema é un carballo, acompañado da lenda Ekin eta jarrai ("Empezar e seguir"). O número de académicos é 23.

Organización interna

[editar | editar a fonte]

Dispón de varias comisións de traballo que se especializan en diferentes tarefas, estas comisións son as seguintes:

  • Comisión de lexicografía, actualmente traballa nun Dicionario Xeral Vasco de carácter xeral e descritivo que integra contido histórico e de dialectos. E nun Dicionario Léxico Unificado que é normativo e só contempla o éuscaro batua ou éuscaro unificado.
  • Comisión de gramática, desde 1980, encargada das bases da gramática do idioma vasco.
  • Comisión para o atlas lingüístico, o seu traballo é realizar un mapa dialectolóxico para coñecer os dialectos que se falan nos diferentes puntos de Euskal Herria.
  • Comisión onomástica, estuda aspectos máis teóricos e históricos deste idioma.
  • Comisión de literatura, analiza a literatura popular así como a literatura máis intelectual do éuscaro.
  • Comisión de lingua falada, encárgase de realizar un estudo sobre os usos orais da lingua.

Esta Academia ten a súa sede en Bilbao pero conta con delegacións en Baiona, Donostia, Pamplona e Vitoria.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

Oficialmente esta institución conseguiu o recoñecemento oficial en España, con carácter de Real Academia, en 1976, un ano despois do final da ditadura de Francisco Franco. En Francia é aceptada como unha entidade de utilidade pública desde o ano 1995.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]