Evelina Hervella
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1908 O Barco de Valdeorras, España |
Morte | 14 de xaneiro de 2007 (98 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica |
Familia | |
Cónxuxe | Francisco Fernández del Riego |
Pai | Antonio Hervella Ferreira |
Irmáns | Pedro Tertuliano Hervella Nieto |
Evelina Lucila Crisóstoma Hervella Nieto, nada no Barco de Valdeorras o 21 de setembro de 1908 e finada en Vigo o 14 de xaneiro de 2007,[1] foi unha farmacéutica galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Antonio Hervella Ferreira. Fixo o Bacharelato no Instituto de Ourense entre 1917 e 1927. Marchou a Madrid para facer o curso selectivo de Ciencias (1927-28). Permaneceu dous cursos máis na Universidade Central de Madrid (1928-30) e posteriormente trasladou o expediente a Oviedo, onde fixo o curso 1931-32. Volveu trasladar o expediente á Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou de 1933 a 1936. Non chegou a exercer como farmacéutica.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Francisco Fernández del Riego. Non tivo fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Atlántico Diario, 15-1-2007, p. 60.