Experiencia achegada á morte
As experiencias achegadas á morte son supostas percepcións do contorno narradas por persoas que estiveron a piques de morrer ou que pasaron por unha morte clínica e sobreviviron. Hai moitos testemuños, sobre todo dende o desenvolvemento das técnicas de resurrección cardíaca, e segundo algunhas estatísticas, poderían producirse aproximadamente nunha de cada cinco persoas que superan unha morte clínica.
Dous grupos de interpretacións
[editar | editar a fonte]Para algunhas persoas, a existencia destas experiencias implicaría que cada ser humano está formado por un corpo físico e un ente inmaterial, e unha consciencia ou "ánima" (tal como afirman moitas relixións). En troques, algúns científicos opinan que estes fenómenos poden explicarse como alucinacións do mesmo cerebro.
Por outra banda, e en contraposición ó que a ciencia cría até agora, investigacións recentes no eido médico indican que estas experiencias non poden explicarse como alucinacións. Estes estudos suxiren que, dalgún xeito distinto, a mente e consciencia poden seguir activas despois de que o cerebro deixase de funcionar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Experiencia achegada á morte |