Fagus
Faias (xénero Fagus) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
faia común (Fagus sylvatica) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
Fagus é un xénero con dez especies de árbores caducifolias da familia das fagáceas nativas das zonas temperadas de Europa, Asia e América do Norte chamadas comunmente faias. As formacións de faias denomínanse faiais[2]
En Galiza só atopamos unha especie, a faia europea, que soamente ocupa as serras orientais do país.
Descrición
[editar | editar a fonte]As follas son enteiras ou escasamente dentadas, de 5 a 15 cm de longo e de 4 a 10 cm de ancho, magras. A flor, é miúda e dun só sexo, polinizada polo vento (véxase anemofilia). Florea na primavera, un chisco despois de apareceren as follas. O froito, a noz de faia, é miúdo (de 10 a 15 mm de longo), contendo en pares, en cascas, e comestíbel, aínda que agre se está cru, cun alto contido de tanino; torrado ten un sabor que lembra ao das abelás.
Galiza
[editar | editar a fonte]En Galiza só aparece unha especie, a faia europea (Fagus sylvatica), mais é escasa quizais porque ten aquí o seu límite sur de distribución, quizais porque explotáronse antano para a fabricación dos remos, temóns e taboleiros exteriores para o fondo dos navíos da Armada Española, ao ter unha madeira que non podrece. Non obstante, a partir do século XVIII a maioría das faias utilizadas eran de Navarra e Biscaia. Tamén a madeira de faia utilizábase para fabricar os instrumentos de labor, carretas, toneis, cadeiras e caixas e, na actualidade, úsase en ebanistaría, carpintaría e fabricación de chans.[3].
Tamén se emprega en xardinaxe pola beleza do seu porte e mais da súa follaxe outoniza, atopando bos exemplares no Parque de Castrelos de Vigo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome galego de faia provén do nome latino e xenérico fagus, que á súa vez provén do grego phagos, “comer”, aludindo froitos nutritivos.
Especies
[editar | editar a fonte]- Fagus crenata Bl. (sin. Fagus sieboldii Endl.) - faia xaponesa
- Fagus engleriana
- Fagus grandifolia Ehrh. - faia americana
- Fagus hayatae
- Fagus japonica
- Fagus longipetiolata
- Fagus lucida
- Fagus mexicana
- Fagus orientalis - faia oriental
- Fagus sylvatica L. - faia, faia común, faia europea
- Fagus sylvatica tortuosa
- Grupo de Fagus sylvatica 'Pendula' - faias choronas
- Grupo de Fagus sylvatica 'Purpurea' - faias rubias ou púrpuras
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fagus". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 19 de marzo de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2013.
- ↑ http://www.vexetaciondegalicia.es/ar-fagus-sylvatica.html
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fagus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fagus |
- Flora of China - Fagus (en inglés)
- Flora of North America - Fagus (en inglés)
- Kew Checklist - Fagus (en inglés)