Federico Trillo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Federico Trillo-Figueroa Martínez-Conde, nado en Cartagena o 23 de maio de 1952, é un xurista e político español do Partido Popular. Foi presidente do Congreso dos Deputados e ministro de Defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo de Federico Trillo-Figueroa Vázquez, político franquista galego. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Dereito. Ingresou no corpo xurídico da Armada en 1974 onde estivo destinado na Fiscalía da Zona Marítima do Mediterráneo e, máis tarde, na Dirección de Construcións Navais Militares. En 1979 accedeu por oposición ao corpo de letrados do Consello de Estado. Retirouse como comandante en 1989 para entrar na actividade política.
Actividade política
[editar | editar a fonte]En 1983 entrou no gabinete xurídico de Coalición Popular, dirixida por Manuel Fraga Iribarne, desde onde participou na reestruturación do partido, que acabou refundándose no Partido Popular. Pertence á Executiva Nacional dende 1986.
Foi elixido deputado por Alacant dende 1989. Durante os anos 1989 a 1996 ocupou a vicepresidencia da mesa do Congreso dos Deputados. De 1991 a 1996 foi portavoz de Xustiza do grupo popular e comisionado ante o Tribunal Constitucional. O 27 de marzo de 1996 foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados, cargo que mantivo ata o final da VI lexislatura en 2000.
O 27 de abril de 2000, José María Aznar nomeouno Ministro de Defensa do seu segundo goberno. Como tal, en xullo de 2002 ordenou o asalto á illa Perejil, ocupada días antes por militares marroquís, para liberala e devolverlle o statu quo.
Durante o seu mandato produciuse o accidente do Yakovlev 42 en Trebisonda (Turquía) o 26 de maio de 2003, no que morreron 62 membros do Exército español, 12 tripulantes ucraínos e un cidadán bielorruso que volvían de Afganistán. Trillo negouse repetidamente a aceptar unha suposta responsabilidade política ou penal (nin sequera logo da posterior condena a prisión de tres dos seus subordinados por falsificar a identificación de 30 dos cadáveres).[1]
Colaborou na fundación da Asociación de Estudios para el Progreso Social e é membro da Comisión Española de Historia Militar. Dende marzo de 2012 ocupa o posto de embaixador de España no Reino Unido.
Obras
[editar | editar a fonte]- El poder político en los dramas de Shakespeare.
- Pregones y semblanzas.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico Trillo |
A Galicitas posúe citas sobre: Federico Trillo |
- Nados en Cartaxena
- Nados en 1952
- Españois de ascendencia galega
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Presidentes do Congreso dos Deputados
- Ministros de Defensa de España
- Embaixadores de España no Reino Unido
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Membros do Opus Dei
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)