Saltar ao contido

Forza Aérea de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forza Aérea de Austria
Logo
TipoForza Aérea
Data de fundación1955
PaísAustria
editar datos en Wikidata ]

A Forza Aérea de Austria (alemán: Österreichische Luftstreitkräfte) é un compoñente das forzas armadas austríacas (Bundesheer). No presente a Forza Aérea de Austria opera 102 aeronaves, 15 delas de combate.[1]

A Forza Aérea de Austria foi creada en maio de 1955 polas potencias aliadas victoriosas, suxeita a restriccións no seu uso de mísiles guiados. o Tratado de Estado austríaco de 1955 comprometeu a Austria coa neutralidade permanente.

O adestramento dos pilotos comezou con catro Yak 11 Moose e catro Yak 18 Max doados pola Unión Soviética, e Austria mercou máis adestradores lixeiros baixo o Programa de Asistencia Militar. Ata 1960 o país mercou avións de adestramento e apoio baixo ese programa, pero non cazas modernos; o rol dun caza era cumprido de forma pouco axeitada polos 30 vellos Saab 29 mercados de segunda man á Forza Aérea de Suecia a principios dos anos 60.

Dende 1970 Austria mercou un total de 40 avións lixeiros multirol Saab 105 coa intención de despregalos e roles de adestramento, recoñecemento, intercepción e ataque á terra. Como quedou claro nos anos 80 que os avións subsónicos non eran axeitados para o combate aéreo e para a interdición no espazo aéreo, Austria mercou 28 Saab 35 Draken cazas reacondicionados para substituír os Saab 105 como principal interceptor da Forza Aérea en 1988. O Saab 105 continuou en servizo como adestrador e avión de vixilancia.

Pouco despois o Draken viu o seu primeiro grande uso en interdición no espazo aéreo a partir de 1991 durante as guerras iugoslavas, cando cazas MiG-21 iugoslavos cruzaron a fronteira austríaca sen permiso. Nun incidente o 28 de xuño un MiG-21 penetrou ata Graz, causando demandas xeneralizadas de acció. Tras repetidos cruces da fronteira por avións armados do Exército Popular Iugoslavo, suxeríronse cambios nas ordes vixentes para o armamento das aeronaves.

Dende 1955 as forzas armadas de Austria teñen prohibido operar calquera tipo de sistema de mísiles guiados, incluídos mísiles aire-aire e superficie-aire (SAM). No ambiente da post-guerra fría, e cos avións armados concanóns sendo unha reliquia do pasado, o Parlamento do país votou para corrixir esta seccióndo seu tratado de estado e en xaneiro de 1993 pedíuse o moderno mísil AIM-9 Sidewinder a Suecia para armar os seus cazas.[2] Un modelo mellor de Sidewinder foi mercado directamente aos Estados Unidos e as entregas comezaron en 1995. Tamén se mercaron mísiles SAM Mistral franceses para ter protección nas bases contra ataque aéreos. Os primeiros Mistral chegaron en 1993 e as entregas remataron en 1996.

A frota de helicópteros inclúe Agusta-Bell (AB) 204 (principalmente usados para evacuación médica), AB-206 (adestramento e enlace), e AB-212 (usados para forzas aerotransportadas e transporte lixeiro). 28 Alouette III franceses están dispoñibles para tarefas de busca e rescate, incluídas operacións na alta montaña. O Bell OH-58 Kiowa, un helicóptero de exploración, está equipado cunha metralladora de disparo rápido, aínda que a Forza Aérea carece dun helicóptero de ataque real. A meirande parte dos helicópteros, agás os 24 AB-212, están volvéndose obsoletos. Despois da avalancha de Galtür en 1999 fíxose evidente que os helicópteros da Forza Aérea eran moi poucos e tiñan uns deseños moi limitados. Polo tanto mercáronse 9 UH-60 Blackhawk estadounidenses para ser usados como transportes durante desastres.

En 2003 a capacidade de transporte melorou coa compra de tres C-130 Hercules da Royal Air Force. En 2005 a frota de Saab Draken foi retirada (50 anos despois de que tipo voase por vez primeira), para ser substituído polo Eurofighter Typhoon. Antes da primeira entrega doTyphoon, alugáronse 12 F-5 Tiger II a Suíza como medida provisional. A compra do Eurofighter foi controvertida en Austria aínda que finalmente o derradeiro dos 15 avións foi entregado o 24 de stembro de 2009.[3] En 2017 os posibles asuntos de corrupción que rodean a compra do Eurofighter aínda estaban sendo investigados polo parlamento austríaco. No mes e xullo, como resltado da controversia, o Ministro de Defensa anunciou a retirada dos Typhoon a partir de 2020, e da súa substitución por un sistema de vixilancia aéra "militarmente máis efectivo e máis económico".[4]

Inventario

[editar | editar a fonte]
Eurofighter
Antigo UH-60M
Avión Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Avións de combate
Eurofighter Unión Europea multirrol Tranche 1 15[5]
Transporte
Pilatus PC-6 Suíza utilitario/transporte 8[5]
C-130 Hercules Estados Unidos transporte táctico C-130K 3[5]
Embraer C-390 Millennium Brasil transporte táctico 4 pedidos[5]
Helicópteros
Bell OH-58 Estados Unidos exploración OH-58B 10[5]
Bell UH-1N Estados Unidos utilitario 23[5]
Sikorsky S-70 Estados Unidos utilitario S-70A42 9[5] 12 pedidos[6]
Aérospatiale Alouette III Francia enlace/utilitario 20[5]
AgustaWestland AW169 Italia utilitario AW169M 3[7] 33 pedidos[8]
Adestradores
Pilatus PC-7 Suíza adestrador 12[5]
Diamond DA40 Austria adestrador DA40 NG 4[9]
  1. "World Air Forces directory 2022". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-01-26. 
  2. "FLUG REVUE November 2005: Last Saab Draken retire in Austria". 2006-02-03. Archived from the original on 03 de febreiro de 2006. Consultado o 2018-11-25. 
  3. "Eurofighters Rough Ride in Austria Continues". Defense Industry Daily. Consultado o 2018-11-25. 
  4. "Doskozil verkündet Aus für den Eurofighter - derStandard.at". DER STANDARD. Consultado o 2018-11-25. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Hoyle, Craig (2023). "World Air Forces 2024". FlightGlobal. Consultado o 8 de abril de 2024.
  6. "Bundesheer erhält weitere zwölf „Black Hawk“-Hubschrauber". Die Presse (en alemán). 2023-08-25. Consultado o 2024-04-08. 
  7. "Leonardo AW-169: Zweiter Hubschrauber ist da, Präsentation am Freitag". www.kleinezeitung.at (en alemán). 2023-02-27. Consultado o 2024-04-08. 
  8. "Updated: Austria doubles down on Leonardo helicopter procurement". Shephard (en inglés). Consultado o 2024-04-08. 
  9. "Four DA40 NG Training Aircraft for the Austrian Armed Forces". www.diamondaircraft.com (en inglés). 2018-05-03. Consultado o 2024-04-08.