Francisco de Moure
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1576 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1636 (59/60 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Francisco de Moure, nado contra 1576 en Santiago de Compostela e finado en Monforte de Lemos en 1636, foi un escultor manierista e barroco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moi cedo trasladaríase a Ourense, onde descubriría por medio do seu avó materno, canteiro de profesión, a súa vocación artística.
Viaxou a Castela, onde coñeceu os traballos de xente que deixarían unha fonda pegada nel, como Alonso Berruguete e Jean de Joigny. Os seus comezos foron como aprendiz de Alonso Martínez, en Ourense. En 1598 comeza a traballar como escultor independente, realizando a escultura de San Roque da catedral de Ourense. Na súa primeira etapa destacan o retablo maior da Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, e ó de San Pedro das Maos (Ourense). Máis adiante realizaría obras como o San Mauro da catedral de Ourense, o retablo da igrexa de Beade en Ribadavia, e cinco retablos para o convento de Samos.
Xa en Lugo, realizaría a súa obra mais importante, o Coro da Catedral de Lugo. O rematar o coro lucense, contrátano en Monforte de Lemos para a realización do retablo da capela maior da igrexa dos Xesuítas, o Colexio da Nosa Señora da Antiga, unha impresionante obra, en tamaño e calidade artística, que non sería quen de rematar, pois en Monforte de Lemos o sorprende a morte en 1636, sendo o seu fillo Francisco quen rematará a monumental obra.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
"A Inmaculada" de Francisco de Moure. Mosteiro de Samos.
-
Retablo de Santo Estevo de Sandiás.
-
Retablo no Colexio da Nosa Señora da Antiga
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vicente López, Simón (2005). "Moure, Francisco de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Francisco de Moure Galicia no tempo (24/06/1991) da TVG.