Saltar ao contido

Fredrik Bajer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFredrik Bajer
Nome orixinal(da) Fredrik Bajer Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(da) Fredrik Beÿer Editar o valor en Wikidata
21 de abril de 1837
Nästved, Dinamarca Dinamarca
Morte22 de xaneiro de 1922 (84 anos)
Copenhaguen, Dinamarca Dinamarca
Lugar de sepulturacemiterio de Bispebjerg Editar o valor en Wikidata
Presidente Dansk Fredsforening (en) Traducir
1884 – 1892
Deputado do Parlamento de Dinamarca
20 de setembro de 1872 – 9 de abril de 1895

Circunscrición electoral: Q117346536 Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónSorø Academy (en) Traducir (1848–1854) Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEscritor, pacifista e político
Partido políticoQ3426725 Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMatilde Bajer (1867–1922), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Bajer-7 Find a Grave: 58774435 Editar o valor en Wikidata

Fredrik Bajer, nado en Nästved o 21 de abril de 1837 e finado en Copenhaguen o 22 de xaneiro de 1922, foi un escritor, pacifista e político dinamarqués. En 1908 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun pastor luterano, serviu como oficial no exército dinamarqués, loitou na guerra contra Prusia e Austria de 1864 e alcanzou o grao de tenente primeiro, desmobilizado en 1865, estableceuse en Copenhaguen como profesor, tradutor e escritor.

En 1872 entrou no Folketing, apoiou moitas organizacións pacifistas en Dinamarca e en Europa. En 1882 foi un dos fundadores da Asociación Danesa para a Paz e da Oficina Internacional para a Paz, en Berna (1891).

No seu discurso de recepción do Premio Nobel fixo algunhas suxestións para mellorar o traballo pola paz, incluíndo o apoio á lingua internacional esperanto.[1]

  1. "Fredrik Bajer - Nobel Lecture: The Organization of the Peace Movement". www.nobelprize.org. Consultado o 2018-04-01.