Fucoxantina
Fucoxantina | |
---|---|
Ácido acético [(1S,3R)-3-hidroxi-4-[(3E,5E,7E,9E,11E,13E,15E)-18-[(1S,4S,6R)-4-hidroxi-2,2,6-trimetil-7-oxabiciclo[4.1.0]heptan-1-il]-3,7,12,16-tetrametil-17-oxooctadeca-1,3,5,7,9,11,13,15-octaenilideno]-3,5,5-trimetilciclohexil] éster | |
Identificadores | |
Número CAS | 3351-86-8 |
PubChem | 5281239 |
ChemSpider | 21864745 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C42H58O6 |
Masa molar | 658,91 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A fucoxantina (/ks/) é unha xantofila ou pigmento carotenoide amarelo, cuxa fórmula é C42H58O6. Atópase como pigmento accesorio nos cloroplastos das algas pardas e da maioría dos restantes heterocontas, dándolles a súa cor castaña ou verde oliveira. A fucoxantina absorbe a luz principalmente na parte do espectro visible que vai do azul-verde ao amarelo-verde, tendo un pico arredor dos 510-525 nm e absorbendo significativamente no rango dos 450 a 540 nm.
Algúns estudos metabólicos e nutricionais levados a cabo en ratas e ratos na Universidade de Hokkaido indican que a fucoxantina promove a queima de graxa dentro das células do tecido adiposo, polo incremento da expresión da proteína de desacoplamento UCP1 ou termoxenina. [1]
Proponse polo tanto como produto contra a obesidade[2]. Hai asemade un estudo publicado con fucoxantina sobre humanos, con método dobre-cego e placebo controlado.[3]
Non é un estimulante, ao contrario doutros compostos ás veces propostos contra a obesidade, como a efedrina ou a ioimbina[4]
Tamén se propón como indutor da apoptose (morte celular) na loita contra o cancro[5][6] por acción prooxidante[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maeda, H; Hosokawa, M; Sashima, T; Funayama, K; Miyashita, K (2005). "Fucoxantina das algas comestibes Undaria pinnatifida, amosa efecto antiobesidade por expresión de UCP1 en tecidos adiposos brancos". Biochemical and biophysical research communications 332 (2): 392–7. PMID 15896707. doi:10.1016/j.bbrc.2005.05.002.(en inglés)
- ↑ Maeda H, Hosokawa M, Sashima T,and Miyashita K. 2007. A combinación dietética de Fucoxantina e aceite de peixe atenúa o aumento de peso de tecido adiposo branco e decrementa a glucosa no sangue en Obesos/Diabéticos KK-Ay Mice J. Agric. Food Chem., 55, 7701–7706(en inglés)
- ↑ Abidov, M.; Ramazanov, Z.; Seifulla, R.; Grachev, S. (2010). "Os efectos do Xanthigen na xestión do peso en mulleres obesas pre-menopáusicas con doenza de fígado graxo non alcohólico, e graxa do fígado normal.". Diabetes, Obesity and Metabolism 12: 72. doi:10.1111/j.1463-1326.2009.01132.x.(en inglés)
- ↑ "Examine.com - Fucoxanthin".(en inglés)
- ↑ Kotake-Nara E, Asai A, and Nagao A. 2005. Neoxantina e fucoxantina inducen apoptose en células canceríxenas PC-3 de próstata humana. Cancer Letters, 220, 75-84 (en inglés)
- ↑ Kotake-Nara, Eiichi; Terasaki, Masaru; Nagao, Akihiko (2005-1). "Characterization of Apoptosis Induced by Fucoxanthin in Human Promyelocytic Leukemia Cells". Bioscience, Biotechnology, and Biochemistry (en inglés) 69 (1): 224–227. ISSN 0916-8451. doi:10.1271/bbb.69.224.
- ↑ Os carotenoides afectan a proliferación de células canceríxenas de próstata humana(en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Haugan, J (1994). "Isolamento e caracterización de catro isómeros alénicos (6'S) da fucoxantina". Tetrahedron Letters 35: 2245. doi:10.1016/S0040-4039(00)76810-9.(en inglés)