Saltar ao contido

Garcia de Resende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGarcia de Resende

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1470 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Évora, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1536 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Évora, Portugal Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadePortuguesa
Actividade
Ocupaciónpoeta, diplomático, secretario, escritor, arquitecto, historiador, cantante Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX879995 WikiTree: Resende-6


Garcia de Resende, nado en Évora en 1470 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1536, foi un poeta, cronista, músico, pintor e arquitecto portugués.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco de Resende, fidalgo da corte de Afonso V de Portugal, "criado" do bispo da diocese de Évora Garcia de Meneses, a quen Xoán II de Portugal doou o 28 de xuño de 1484 unha Herdade no termo de Évora, e da súa muller Beatriz Boto, que viviu en dita vila.[2]

En 1490 era mozo da cámara de Xoán II (1481-1495), e o ano seguinte o seu moço de escrevaninha ou secretario particular, cargo que exercía aínda en Alvor, onde o soberano veu a falecer.[3] Cóubolle ser designado secretario-tesoureiro da fastosa embaixada liderada por Tristão da Cunha, enviada por Manuel I (1495-1521) ao papa León X. Os últimos anos de vida pasounos en Évora, onde era propietario.

Como moitos homes do Renacemento, Garcia de Resende tiña moitas facetas: trobaba, tanxía, deseñaba e pénsase que era entendido en arquitectura militar.

Algúns historiadores considérano o iniciador do ciclo dos Castros, pois as súas trobas referentes á morte de Inés de Castro son o máis antigo documento poético coñecido versando sobre o asunto. Escribiu a Miscelânea en redondillas, curiosa anotación de personaxes e de acontecementos, nacionais e europeos. Nesa obra atribúe en versos a Gil Vicente a innovación da comedia de costumes en Portugal, cando o teatro da época se limitaba a ser un mixto de teatro litúrxco e teatro pastoril, conforme afirma Clovis Monteiro que transcribiu o seguinte fragmento da citada obra e no cal é tamén citado Juan del Encina:[4]

"E vimos singularmente
Fazer representações
D'estilo mui eloquente,
De mui novas invenções,
E feitas por Gil Vicente,
Ele foi o que inventou
Isto cá, e o usou
Com mais graça e mais doutrina,
Posto que Joam del Enzina
O pastoril começou."

Mais o que tornou Resende coñecido foi o Cancioneiro Geral, publicado en 1516, que reuniu as composicións poéticas producidas nas cortes de D. Afonso V (1438-81), D. João II e D. Manuel I,[5] téndolle redactado un prólogo dedicado ao príncipe D. João e composto as corenta e oito trobas con que encerra a obra.

Foi sepultado en campa armoriada con brasón e timbre dos de Resende, en Capela que instituíu en 1520 na cerca do Convento do Espinheiro, en Évora.

En 1933 o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dando o seu nome a unha rúa na Calzada de Carriche.

  • Cancioneiro Geral: cum preuilegio/ foy ordenado e eme[n]dado por Garcia de Resende fidalguo da casa de Rey nosso señor e escriuam da fazenda do principe, Lisboa, Hernãn de Cãmpos, 1516
  • Breue memorial dos pecados & cousas que pertenc[em] ha cõnfissa[m]/ hordenado por Garcia de Resende fidalguo da casa del Rei nosso señor, Lisboa, Germão Gaillarde, 1521;
  • O sermão dos três reis magos (1536)
  • Vida e Feitos del-rei D. João II (1545)
  • Chronica de El Rei D. João II, Lisboa, Luís Rodrigues, 1545.
  • Miscelânea e variedade de histórias (1554)
  1. Enciclopédia Barsa. Volume 13. (en portugués). Editora Encyclopaedia Britannica Consultoria Editorial Ltda. 1994. 
  2. "Garcia de Resende - Portugal, Dicionário Histórico.". www.arqnet.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2017. Consultado o 2020-03-22. 
  3. "Garcia de Resende". dbe.rah.es/. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  4. Monteiro, Clóvies (1961). Esboços de história literária - Livraria Acadêmica - Rio de Janeiro - 1961 - pg. 18 (en portugués). Rio de Janeiro: Livraria Acadêmica. 
  5. "Garcia de Resende - biografia". InfoEscola (en portugués). Consultado o 2020-03-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Abranches de Soveral, Manuel; Lamas de Mendonça, Manuel (2008): Ensaio sobre a orixe dos Resende / Sodré, separata da revista Armas e Trofeos, IX serie, xaneiro / decembro de 2008.
  • Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Oporto.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]