Gay-friendly
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
A expresión inglesa gay-friendly (traducida ó galego como simpatizante LGTB[Cómpre referencia]) fai referencia a lugares, políticas, persoas ou institucións que buscan activamente crear unha contorna amigable cara á xente GLBT. Este é un concepto moi estendido nos últimos anos do século XX nos Estados Unidos e actualmente está estendido o seu uso en moitos países.
Lugares gay-friendly
[editar | editar a fonte]Algúns lugares son historicamente considerados gay-friendly: cidades como Ámsterdan ou San Francisco, barrios como o Soho en Londres, o Village neoiorquino, illas gregas como Mykonos ou Lesbos, Eivisa, Sitges ou máis recentemente os barrios de Chueca en Madrid ou o Gayxample en Barcelona.
A maioría das cidades contan con locais de lecer ou tendas consideradas gay-friendly. Ás veces, un xeito empregado por estes lugares para seren recoñecidos como tal é mostrando un adhesivo coa bandeira multicolor nun lugar visible.
Personaxes gay-friendly
[editar | editar a fonte]Algúns dos personaxes gay-friendly máis célebres a nivel mundial, convertéronse en grandes iconas gays. A maioría son mulleres e distinguíronse por apoiar as reivindicacións dos colectivos LGTB nos momentos máis difíciles, como Madonna, Cher, Barbra Streisand, Kylie Minogue, Anne Rice, ou Liz Taylor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gay-friendly |