George Arliss
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Augustus George Andrews 10 de abril de 1868 Londres, Reino Unido |
Morte | 5 de febreiro de 1946 (77 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | doenza infecciosa |
Lugar de sepultura | All Saints Churchyard (en) |
Educación | Harrow School |
Actividade | |
Ocupación | escritor, guionista, actor de teatro, autobiógrafo, dramaturgo, director de cinema, actor de cinema |
Período de actividade | 1887 - 1943 |
Empregador | Warner Bros. |
Familia | |
Cónxuxe | Florence Arliss (1899–1946), morte da persoa |
Premios | |
| |
|
George Arliss, nado en 1868 e finado en 1946, foi un actor británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou actuando no teatro, en 1921 marcha aos Estados Unidos e protagoniza o seu primeiro filme, The Devil, seguido por Disraeli. En 1929 protagonizou unha nova versión sonora de Disraeli, pola que gañou un Oscar. Protagonizou numerosos filmes históricos como Alexander Hamilton, Voltaire e Cardinal Richelieu.
Publicou en dous volumes a súa autobiografía, Up the Years from Bloomsbury (1927) e My Ten Years in the Studios (1940).
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |