Gernika-Lumo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Biscaia | ||||
Comarcas | Busturialdea-Urdaibai | ||||
Capital | Gernika-Lumo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.050 (2023) (1.982,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 8,6 km² | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1366 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José María Gorroño Echebarrieta (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 48300 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 94 | ||||
Código INE | 48046 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | gernika-lumo.net… | ||||
Gernika-Lumo é un concello vasco pertencente á provincia de Biscaia. Ten a súa orixe na unión da vila de Gernika e da elizate de Lumo en 1882. En 2017 tiña 16.915 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Gernika-Lumo atópase a 10 metros de altitude, na comarca de Busturialdea-Urdaibai, no val do río Oka, na beira da ría de Gernika que forma o Oka na súa desembocadura e que é o corazón da Reserva da Biosfera de Urdaibai. O relevo, sucesión de vales e montes que seguen a dirección NO-SL, está determinado estruturalmente polo anticlinal norte de Biscaia.
O concello limita ao norte con Forua, Kortezubi, Arratzu e Nabarniz, ao leste con Ajangiz, ao sur con Muxika e ao oeste con Errigoiti.
Historia e características
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Bombardeo de Gernika.
O 26 de abril do 1937, no transcurso da guerra civil española, a vila foi bombardeada pola Lexión Cóndor, unidade aérea da Luftwaffe ao servizo do bando fascista, causando 126 vítimas mortais. Este feito inspirou ao pintor Pablo Picasso o seu famoso cadro Guernica.
Entre os seus monumentos cómpre salientar a Árbore de Gernika, carballo a carón da Casa de Xuntas de Gernika, que simboliza as liberdades dos vascos e baixo o cal xuran os seus cargos os Lehendakaris do goberno vasco. Ao primeiro exemplar, cuxas primeiras referencias se remontan ao século XIV, sucedéronlle outras tres árbores. O exemplar, que sobreviviu ao bombardeo da guerra civil, morreu o 20 de abril do 2004 aos 146 anos de idade[1], sendo substituído por un fillo seu o 25 de febreiro do 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nova da morte da árbore de Gernika aparecida en www.cooperativa.cl