Getty Thesaurus of Geographic Names
Getty Thesaurus of Geographic Names | |
---|---|
Acrónimo | TGN |
Tipo | tesauro, base de datos en liña e edición |
Data de fundación | 22 de setembro de 2008 e 1997 |
Na rede | |
http://www.getty.edu/research/tools/vocabularies/tgn/, http://www.getty.edu/research/conducting_research/vocabularies/tgn/ e https://www.getty.edu/research/tools/vocabularies/tgn/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Tesauro de Nomes Geográficos Getty (en inglés Thesaurus of Geographic Names, abreviado ou TGN ou GTGN) é un produto da fundación J. Paul Getty Trust incluído no Programa de Vocabulario Getty. O TGN inclúe nomes e informacións asociadas sobre lugares. Os lugares do TGN inclúen entidades políticas administrativas (por exemplo, cidades ou nacións) e as súas características físicas (por exemplo montañas, ríos etc). Están incluídos lugares tanto históricos como actuais, así como outras informacións relacionadas coa súa historia, poboación, cultura, arte e arquitectura.
Este recurso está dispoñible para museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores de resursos visuais e proxectos bibliográficos a través de licenzas privadas, aínda que tamén están dispoñibles gratuítamente para os membros do público xeral no sitio do Vocabulario Getty.
Os bancos de datos do vocabulario Getty coma o Tesauro de Arte e Arquitectura (AAT), a Lista de Nomes de Artistas (ULAN) e o TGN foron creados e mantidos polo Programa de Vocabulario Getty. Son compatibles coa norma ISO e normas NISO para a construción de dicionarios de sinónimos. Conteñen termos, nomes e outras informacións sobre persoas, lugares, cousas e conceptos relativos á arte, á arquitectura e a cultura material.
Os vocabularios Getty poden ser usados de tres formas:
- Para a entrada de datos, por catalogadores ou indexadores sobre obras de arte, arquitectura, material de cultura, materiais de arquivo, ou sustitutos visuais, ou materiais bibliográficos.
- Como bases de coñecemento e achega de informacións para os investigadores.
- Como asistentes de busca para mellora-lo acceso do usuario final dos recursos online.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A historia do TGN remóntase a 1987, ano no que o fideicomiso Getty creou un departamento adicado a compilar e distribuír terminoloxía, naquel entón denominado Grupo de Coordinación de Vocabulario (Vocabulary Coordination Group). O Getty xa xestionaba o AAT e tratou de responder ás peticións que lle chegaban dos creadores de información sobre arte para a crear vocabularios controlados adicionais para comes de artistas e nomes xeográficos. O desenvolvemento to TGN levouse a cabo mediante un estudo internacional realizado polo Tesaurus Artis Universalis (TAU) un grupo de traballo do Comité Internacional de Historia da Arte (en francés, Comité Internacional d'Histoire de l'Art, CIHA), e o consenso ó que se chegou nun coloquio celebrado no 1991 no que se congregaron os usuarios potenciais do vocabulario xeográfico. O núcleo inicial do TGN foi compilado a partir de miles de nomes xeográficos que xa utilizaban diversos proxectos de catalogación e indexación do Getty, e ampliado a través da introdución manual de información de fontes impresas. PO TGN nútrese das contribucións da súa comunidade de usuarios e do traballo editorial do Getty Vocabulary Program.
Publicación
[editar | editar a fonte]O TGN foi publicado por primeira vez no 1997 en arquivos recoñecibles por máquinas. Dado o inxente tamaño sempre crecente e a frecuencia das súas modificacións considerouse que a súa publicación impresa non sería práctica. Na actualidade publícase nunha interface rede en liña e en forma de arquivos de datos dispoñibles para a súa licenciación. Os datos do TGN compílanse e edítanse nun sistema editorial construído a medida polo equipo técnico do Getty.
O TGN está dispoñible mediante datos abertos entrelazados dende agosto de 2014.[2]
Principios
[editar | editar a fonte]Os principios básicos que guían a construción e mantemento do TGN forn establecidos polo AAT e tamén se utilizan para a ULAN:
- O seu ámbito cubre a terminoloxía necesaria para catalogar e recompilar información sobre as artes visuais e ar arquitectura.
- Constrúese a partir de estándares nacionais e internacionais de construción de tesauros.
- Comprende unha xerarquía con estruturas en árbore, correspondentes ó mundo actual e histórico.
- Está baseado en terminoloxía actual, solicitada por fontes literarias autorizadas e validada pola comunidade académica adicada á historia da arte e da arquitectura.
- A súa compilación e edición responde ás necesidades da súa comunidade de usuarios.
Termos
[editar | editar a fonte]O TGN contén actualmente arredor de 1.106.000 nomes e outras informacións sobre lugares. Os nomes dun lugar poden incluír nomes na lingua local, en inglés e noutros idiomas, así como nomes históricos en orde natural e inversa. Entre estes nomes márcase un como nome de preferencia. O TGN está adaptado ós estándares ISO e NISO de compilación de tesauros e contén relacións xerárquicas, de equivalencia e asociativas. É importante matizar que non se trata dun sistema de información xeográfica: aínda que moitos dos seus rexistros inclúen cordenadas, estas son aproximadas e unicamente foron concibidas como referencias.
O foco de cada entrado do TGN é un lugar. Hai aproximadamente 912.000 lugares no TGN. Na base de datos, cada rexistro de lugar (tamén denominado "suxeito") está identificado por un código numérico único. O rexistro do lugar está vinculado cos nomes do lugar, o seu pai ou posición na xerarquía, outras relacións, coordenadas, notas, fontes dos datos e tipos de lugares, que son termos que describen o papel que leva a cabo o lugar (por exemplo lugar habitado, capital nacional etc). A cobertura temporal abarca dende a prehistoria até o presente, en todo o ámbito global.
Deseño
[editar | editar a fonte]O TGN é un sistema de clasificación facetada así como de clasificación polixerárquica. Hai dúas facetas, Mundo (World) e extraterrestre (Extraterrestrial). Dentro da faceta Mundo atópanse as características físicas e entidades políticas. O rexistro de cada concepto inclúe o seu lugar na xerarquía (cun enlace ó seu pai) así como enlaces a termos e conceptos relacionados, fontes dos datos e notas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Getty Research Institute (ed.). "Getty Vocabularies". www.getty.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2010. Consultado o 26 de maio de 2020.
- ↑ James Cuno (21 de agosto de 2014). "Getty Thesaurus of Geographic Names Released as Linked Open Data" (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en inglés)