Gina Rodriguez
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Gina Alexis Rodriguez 30 de xullo de 1984 (40 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Residencia | Os Ánxeles |
Educación | Escola de Artes Tisch da Universidade de Nova Iorque (pt) Universidade de Nova York Atlantic Theater Company (en) St. Ignatius College Prep |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación cinematográfica |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de dobraxe |
Período de actividade | 2005 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Joe LoCicero |
Premios | |
Páxina web | hereisgina.com |
|
Gina Alexis Rodriguez, nada en Chicago o 30 de xullo de 1984 é unha actriz estadounidense, coñecida polo seu papel de Jane Gloriana Villanueva na serie de televisión Jane the Virgin, pola que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz nunha serie musical ou de comedia e recibiu outros dous nomeamentos polo mesmo premio. Fixo o papel de nai na serie Ollie está perdido de Netflix.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gina é a filla máis nova dos portorriqueños Genaro Rodríguez, árbitro de boxeo e Magali. É a máis nova de tres irmás. Aos 7 anos, Rodríguez actuou na compañía de salsa Fantasia Juvenil. Foi criada como católica e asistiu ao instituto no St. Ignatius College Prep. Continuou bailando salsa até os 17 anos. Con 16 anos foi aceptada nunha colaboración teatral da Universidade de Columbia. Tamén asistiu á Tisch School of the Arts da NYU. Realizou unhas prácticas de catro anos na Atlantic Theatre Company e Experimental Theatre Wing, graduándose en Belas Artes en 2006. Interpretou a Frida Kahlo na estrea mundial de Casa Blue no Reino Unido na obra The Last Moments in the Life of Frida Kahlo no American Stage Theatre.
En outubro de 2011, conseguiu o papel de Beverly na telenovela Beautiful. Despois participou no musical Go for It!, polo que foi nomeada nos Premios Imagen 2011. Apareceu en Filly Brown, pola que gañou un Imagen. En 2014 Entertainment Weekly anunciou que Rodríguez interpretaría o papel principal de Jane Villanueva en Jane the Virgin, unha serie de The CW, esta última actuación, especialmente aclamada polo público, valeulle un Globo de Ouro en 2015 e dous nomeamentos.
Durante a súa carreira participou en varias series de televisión como Law & Order - The two faces of justice, Jonny Zero, Eleventh Hour, Army Wives - Conflicts of the heart, 10 things I hate about you, The Mentalist, Longmire, Rizzoli. & Isles e Brooklyn Nine-Nine. En 2016 participou en Deepwater - Hell on the Ocean, película de Peter Berg, en 2018 protagonizou xunto con Natalie Portman Annihilation . En 2019 protagonizou os filmes Miss Bala - Alone against all e Someone Great.
En 2022 participou no papel de nai na serie Lost Ollie de Netflix, dobrada ao galego co título Ollie está perdido, creada por William Joyce e Shannon Tindle e dirixida por Peter Ramsey.[2]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Ten dúas irmás máis vellas, a maior das cales, Ivelisse, é investidora financeira, mentres que a máis nova, Rebecca, é doutora. Ivelisse pagou a educación de Gina na Tisch School of Arts da NYU. Nunha entrevista, Gina revelou que padece a tiroidite de Hashimoto desde os 19 anos. O 4 de maio de 2019 casou co actor Joseph LoCicero, a quen coñeceu no plató de Jane the Virgin. A voda foi oficiada por Justin Baldoni, amigo e coprotagonista da actriz da serie homónima. En 2022 anunciaron que esperan un bebé para o 2023, e que buscaron maneiras de "esconder o embarazo" mentres traballaba na rodaxe da serie Not Dead Yet.[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Entre outras películas, Gina Rodríguez participou en Annihilation, dirixida por Alex Garland en 2018, e Someone Great, dirixida por Jennifer Kaytin Robinson en 2019. Como actriz de dobraxe participou en películas como Ferdinand, filme de animación por ordenador dirixido por Carlos Saldanha.
Televisión
[editar | editar a fonte]Entre outras series, participou en Law & Order – episodios 15x10-18x08 (2004-2008), 10 Things I Hate About You – episodio 1x14 (2010), The Mentalist – episodio 4x08 (2011), Jane the Virgin - nos 100 episodios (2014-2019), Brooklyn Nine-Nine – episodio 5x22 (2018) e nos catro episodios de Lost Ollie. Como actriz de dobraxe participou na series de debuxos animados Elena of Avalor e Carmen Sandiego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gina Rodriguez on Why Filming ‘Lost Ollie’ Felt Like a ‘Huge Gift’ to Her Inner Child". www.yahoo.com (en inglés). Consultado o 2023-01-16.
- ↑ "Lost Ollie Trailer en Galego". Consultado o 2023-01-16.
- ↑ "Pregnant Gina Rodriguez Recalls 'Creative' Ways Not Dead Yet Team Hid Her Baby Bump While Filming". Peoplemag (en inglés). Consultado o 2023-01-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gina Rodriguez |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- hereisgina.com Arquivado 30 de decembro de 2022 en Wayback Machine. Sitio oficial