Saltar ao contido

Gorilla gorilla diehli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gorilla gorilla diehli

Macho adulto de Gorilla gorilla diehli.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Gorilla
Especie: 'G. gorilla'
Subespecie: G. g. diehli
Nome trinomial
Gorilla gorilla diehli
(Matschie, 1904)
Área de distribución do Gorilla gorilla gorilla (en cor amarela).
Área de distribución do Gorilla gorilla gorilla (en cor amarela).

Área de distribución do Gorilla gorilla gorilla (en cor amarela).

O Gorilla gorilla diehli é unha das dúas subespecies do Gorilla gorilla. Esta subespecie atópase nunha pequena área de Nixeria e o Camerún, tanto en selva tropical como subtropical, que é tamén hábitat do chimpancé de Nixeria-Camerún.

Estímase que só quedan de 250 a 300 Gorilla gorilla diehli e é o simio máis ameazado de África. As súas poboacións están concentradas en aproximadamente 9 ou 11 localizacións separadas por terras de labradío. Aínda así, diversos estudos xenéticos elaborados no 2007[2] suxiren que estas localizacións están conectadas pola ocasional migración de individuos. Porén, a poboación que máis preto se atopa do Gorilla gorilla gorilla está a 250 km de distancia.

As súas principais ameazas son a perda do seu hábitat e o descenso do substrato alimenticio de arbustos. Son animais normalmente tímidos que foxen ó menor indicio de presenza humana.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Bergl, R.A.; Dunn, A.; Fowler, A.; Imong, I.; Ndeloh, D.; Nicholas, A. & Oates, J.F. (2016). "Gorilla gorilla ssp. diehli". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T39998A17989492. Consultado o 4 de outubro de 2016. 
  2. Bergl, R. A. (2007). Genetic analysis reveals population structure and recent migration within the highly fragmented range of the Cross River gorilla (Gorilla gorilla diehli). Molecular Ecology. pp. 501–516. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]