Gráficos en movemento
Aparencia
Os gráficos de movemento (en inglés, motion graphics) son elementos gráficos usados en vídeo, infografía ou cine. Tamén se di da tecnoloxía de animación para crear a ilusión de movemento ou unha aparencia de transformación. A tradición dos gráficos de movemento remóntase ao nacemento do cine, coa lanterna máxica, o zoetropo ou o praxiniscopio. Co avance do vídeo e da infografía, os gráficos de movemento son un elemento moi presente na comunicación electrónica (tanto na televisión, coma en CDs, na Internet, en videoxogos etc. O termo é útil para distinguir entre gráficos sen máis daqueles gráficos que perseguen transmitir unha aparencia de transformación ao longo do tempo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |