Gran Buraco Azul
Aparencia
O Gran Buraco Azul (en inglés: Great Blue Hole) é un xigantesco buraco mariño da costa de Belize. Atópase preto do centro do arrecife Lighthouse, un pequeno atol a 70 km do continente e de Cidade de Belize. O buraco ten unha forma circular, de 318 m de diámetro e 124 m de profundidade.[1] Formouse durante diversos episodios da glaciación cuaternaria cando o nivel do mar era moito menor. As análises das estalactitas atopadas no Gran Buraco Azil amosan que a formación produciuse en varias fases, hai 153 000, 66 000, 60 000 e 15 000 anos. Cando o nivel dos océanos subiu de novo, a cova quedou completamente inundada.[2] O Gran Buraco Azul forma parte da rede de reservas da barreira de coral de Belize, Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Great Blue Hole of Lighthouse Reef Atoll, Belize, Central America: Deep Technical Diving to Collect Sea-Level Records. Transactions of the Fifteenth Caribbean Geological Conference.
- ↑ "Belize Blue Hole reef". NASA.
- ↑ "World Heritage Nomination – IUCN Summary Belize Barrier Reef Reserve System (Belize)" (PDF). IUCN/WCMC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)