Saltar ao contido

Gran Premio de Australia de 1994

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Australia de 1994
Nome oficialLIX Australian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Australia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1994 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento81 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Adelaida (Adelaide (en) Traducir) 34°55′50″S 138°37′14″L / -34.930466, 138.620609 Editar o valor en Wikidata
PaísAustralia Editar o valor en Wikidata
Data13 de novembro de 1994 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNigel Mansell Editar o valor en Wikidata
Pole positionNigel Mansell Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Australia de 1994 (oficialmente o LIX Australian Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 13 de novembro de 1994 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. A carreira foi o 59º Gran Premio de Australia e o décimo disputado no circuíto de Adelaida, que tamén o converteu no décimo GP de Australia que formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Foi a décimo sexta e última carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994.

A carreira de 81 voltas gañouna Nigel Mansell pilotando para o equipo Williams logo de comezar desde a pole position. Gerhard Berger finalizou segundo nun Ferrari con Martin Brundle en terceiro lugar para o equipo McLaren. A carreira recórdase por un incidente que involucrou aos dous contendentes ao título Damon Hill e Michael Schumacher, o que obrigou a ambos a retirarse e resultou en que Schumacher gañase o Campionato Mundial de Pilotos. Tamén foi notable a última aparición nun Gran Premio de Fórmula Un da primeira encarnación do Team Lotus, previamente sete veces campións de construtores. Tamén foi a 31ª e última vitoria no Gran Premio da carreira de Fórmula 1 de Nigel Mansell. Ata a tempada de 2017, esta foi a última carreira de Fórmula Un na que o número de participantes superou o número de lugares na grella de saída.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Ao chegar á última carreira da tempada, o piloto de Benetton Michael Schumacher lideraba o Campionato de Pilotos con 92 puntos. O piloto de Williams Damon Hill era segundo con 91 puntos, un punto detrás de Schumacher. Williams lideraba o Campionato de Construtores con 108 puntos, mentres que Benetton estaba 5 puntos por detrás con 103. Polo tanto, ambos títulos seguían en xogo e determinaríanse na rolda final.

Schumacher tomou o liderado ao comezo, con Hill segundo detrás. A orde entre os dous permaneceu igual ata a volta 36. Hill estaba a coller a Schumacher cando o piloto de Benetton saíuse da pista na curva ''East Terrace, golpeando un muro coas rodas do seu lado dereito danando a súa suspensión antes de volver á pista na seguinte curva.[1] Hill negociara a quinta curva da pista cando Schumacher cruzou a pista diante del cara á esquerda. Na seguinte curva, Hill intentou pasar a Schumacher, os dous chocaron cando Schumacher se cruza no medio da trazada. Schumacher quedou eliminado no acto. Hill intentou continuar a carreira e entrou en boxes inmediatamente, pero retirouse da carreira con danos irreparables na suspensión da parte dianteira esquerda do vehículo. Como ningún dos dous condutores acabou a carreira, Schumacher logrou o título.[2] Despois da retirada de Schumacher e Hill Mansell tomou o liderado da carreira. Mansell mantívose á cabeza ata que fixo a súa segunda parada en boxes. Despois daparada de Mansell, Berger tomou o liderado e mantívose á cabeza logo da súa segunda parada en boxes. Na volta 64 Mansell superou a Berger para retomar o liderado da carreira. Mansell mantívose á cabeza durante o resto da carreira para gañar, con Berger terminando segundo e Brundle terminando terceiro.

Post-carreira

[editar | editar a fonte]

Schumacher foi culpado polo incidente por moitos expertos en Fórmula Un.[3] Posteriormente, os comisarios xulgárono como un incidente de carreira e non tomaron ningunha acción contra Schumacher. Schumacher, aos 25 anos foi o primeiro Campión Mundial de Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña, pero en circunstancias moi controvertidas, aínda que nunca se tomou ningunha medida na súa contra.

Schumacher sempre sostivo que a colisión foi un incidente de carreira, unha visión que se atopou cun alto grado de cinismo dos medios, particularmente no Reino Unido.

Aínda que Hill deliberadamente evitou involucrarse na protesta nese momento, en anos posteriores acusou explicitamente a Schumacher de pilotar deliberadamente contra el.[4] O comentarista de Fórmula Un Murray Walker sostivo que Schumacher non causou o accidente intencionalmente mentres os seus co-comentaristas para a carreira, o expiloto de F1 Jonathan Palmer e o reportiero de pits Barry Sheene afirmaron que o accidente foi culpa de Schumacher por completo. Patrick Head do equipo Williams declarou á revista F1 Racing que en 1994 "Williams xa estaba ao 100% seguro de que Michael era culpable de xogo sucio", pero non protestou polo título de Schumacher porque o equipo aínda estaba lidiando coa morte de Ayrton Senna, isto foi despois da penalización a Schumacher por bloquear o circuíto durante a clasificación para o Gran Premio de Mónaco de 2006.[5] Schumacher foi culpado polo público do Reino Unido polo incidente. En 2003, a BBC realizou unha enquisa sobre "A acción máis antideportivo" no que se nomeou o incidente de Adelaida.[6]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Tempo Q1 Tempo Q2 diferenza
1 2 Nigel Mansell Williams-Renault 1:16.179 1:33.988
2 5 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:16.197 1:32.627 +0.018
3 0 Damon Hill Williams-Renault 1:16.830 1:33.792 +0.651
4 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 1:16.992 1:35.432 +0.813
5 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:17.537 1:37.610 +1.358
6 15 Eddie Irvine Jordan-Hart 1:17.667 Sen tempo +1.488
7 6 Johnny Herbert Benetton-Ford 1:17.727 1:35.712 +1.548
8 27 Francia Jean Alesi Ferrari 1:17.801 1:33.905 +1.622
9 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 1:17.950 1:36.246 +1.771
10 30 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 1:17.962 1:35.623 +1.783
11 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:18.070 1:33.818 +1.891
12 26 Francia Olivier Panis Ligier-Renault 1:18.072 1:36.222 +1.893
13 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 1:18.237 1:35.462 +2.058
14 12 Italia Alessandro Zanardi Lotus-Mugen-Honda 1:18.331 1:39.179 +2.152
15 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:18.411 1:36.628 +2.232
16 24 Italia Michele Alboreto Minardi-Ford 1:18.755 1:36.498 +2.576
17 29 Finlandia JJ Lehto Sauber-Mercedes 1:18.806 1:36.245 +2.627
18 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:18.957 1:36.257 +2.778
19 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 1:19.061 1:35.790 +2.882
20 25 Francia Franck Lagorce Ligier-Renault 1:19.153 1:37.393 +2.974
21 10 Italia Gianni Morbidelli Footwork-Ford 1:19.610 1:35.136 +3.431
22 11 Finlandia Mika Salo Lotus-Mugen-Honda 1:19.844 1:43.071 +3.665
23 19 Hideki Noda Larrousse-Ford 1:20.145 1:47.569 +3.966
24 31 Australia David Brabham Simtek-Ford 1:20.442 Sen tempo +4.263
25 20 Suíza Jean-Denis Délétraz Larrousse-Ford 1:22.422 1:44.155 +6.243
26 32 Italia Domenico Schiattarella Simtek-Ford 1:22.529 Sen tempo +6.350
27 33 Francia Paul Belmondo Pacific-Ilmor 1:24.087 Sen tempo +7.908
28 34 Francia Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 7:40.317 Sen tempo +6:24.138
Pos Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 2 Nigel Mansell Williams-Renault 81 1:47:51.480 1 10
2 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 81 +2.511 11 6
3 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 81 +52.487 9 4
4 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 81 +1:10.530 5 3
5 26 Francia Olivier Panis Ligier-Renault 80 +1 volta 12 2
6 27 Francia Jean Alesi Ferrari 80 +1 volta 8 1
7 30 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 80 +1 volta 10
8 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 80 +1 volta 19
9 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 79 +2 voltas 18
10 29 Finlandia JJ Lehto Sauber-Mercedes 79 +2 voltas 17
11 25 Francia Franck Lagorce Ligier-Renault 79 +2 voltas 20
12 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 76 Freos 4
Ret 24 Italia Michele Alboreto Minardi-Ford 69 Suspensión 16
Ret 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 66 Colisión 13
Ret 20 Suíza Jean-Denis Délétraz Larrousse-Ford 56 Caixa de cambios 25
Ret 11 Finlandia Mika Salo Lotus-Mugen-Honda 49 Eléctrico 22
Ret 31 Australia David Brabham Simtek-Ford 49 Motor 24
Ret 12 Italia Alessandro Zanardi Lotus-Mugen-Honda 40 Acelerador 14
Ret 0 Damon Hill Williams-Renault 35 Colisión 3
Ret 5 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 35 Colisión 2
Ret 32 Italia Domenico Schiattarella Simtek-Ford 21 Caixa de cambios 26
Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 19 Trompo 15
Ret 19 Hideki Noda Larrousse-Ford 18 Fuga aceite 23
Ret 10 Italia Gianni Morbidelli Footwork-Ford 17 fuga aceite 21
Ret 15 Eddie Irvine Jordan-Hart 15 Trompo 6
Ret 6 Johnny Herbert Benetton-Ford 13 Caixa de cambios 7
NSC 34 Francia Bertrand Gachot Pacific-Ilmor
NSC 33 Francia Paul Belmondo Pacific-Ilmor
Fonte:[7]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Texto en negra indica Campión do Mundo.
  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.
  1. "Schumacher 500: Has the King Lost His Crown". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2006. 
  2. "Schumacher's chequered history". news.bbc.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2007. Consultado o 27 de xaneiro de 2016. 
  3. Henry, Alan (1996). Wheel to Wheel: Great Duels of Formula One Racing. Weidenfeld Nicolson Illustrated. p. 117. ISBN 0-7538-0522-7. 
  4. Motor Sport, xaneiro 2007, p.43
  5. "'Ruthless' Schumi blasted". motoring.iafrica.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de xaneiro de 2016. 
  6. "Most unsporting moment?". news.bbc.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2003. Consultado o 27 de xaneiro de 2016.  Reader's "Have your Say" voting for the most unsporting moment in history. O gol da "man de deus" de Diego Maradona gañou o premio en xuño de 2003.
  7. "1994 Australian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 1994
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1994
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1995
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1993
Gran Premio de Australia Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1995