Saltar ao contido

Gran Premio de Hungría de 2017

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Hungría de 2017
Imaxe
Nome oficialFormula 1 Pirelli Magyar Nagydíj 2017 Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Hungría Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento70 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónHungaroring (Mogyoród) 47°34′56″N 19°15′04″L / 47.582222222222, 19.251111111111 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,381 km Editar o valor en Wikidata
PaísHungría Editar o valor en Wikidata
Data30 de xullo de 2017 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoSebastian Vettel Editar o valor en Wikidata
Pole positionSebastian Vettel (01:16,286) Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaFernando Alonso (01:20,182) Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Hungría de 2017, oficialmente o Formula 1 Pirelli Magyar Nagydíj 2017 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 30 de xullo de 2017, no circuíto de Hungaroring preto de Mogyoród, Hungría. Foi a undécima carreira da tempada de 2017 e a trixésima segunda carreira do Gran Premio de Hungría.

Sebastian Vettel comezou a rolda liderando o Campionato Mundial de Pilotos por un punto por diante do Mercedes de Lewis Hamilton. No Campionato de Construtores, Mercedes lideraba sobre Ferrari por cincuenta e cinco puntos.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Paul di Resta substituíu a Felipe Massa no Williams despois de que Massa enfermara logo de práctica libre. Como consecuencia, esta carreira foi a primeira sen un piloto brasileiro desde o Gran Premio de San Marino de 1982.

Práctica

[editar | editar a fonte]

Daniel Ricciardo foi o máis rápido na primeira práctica.[1], establecendo un tempo de 1:18,486. Foi seguido polo Ferrari de Kimi Räikkönen e o Mercedes de Lewis Hamilton en segundo e terceiro lugar. Na segunda práctica[2] Ricciardo volveu establecer o tempo máis rápido seguido por Vettel e Bottas. A terceira e última práctica do sábado[3] foi coroada por Vettel, con Räikkönen segundo e Bottas terceiro. Vettel estableceu o tempo máis rápido das tres prácticas con 1:17.017.

O piloto de Williams Felipe Massa enfermou logo da práctica 3. Massa estivera doente e mareado[4] o venres, pero foi certificado como apto para competir na Práctica 3 polo persoal médico. Con todo, Massa non se sentiu mellor durante a práctica 3, e o seu asento tomouno o piloto reserva de Williams Paul di Resta para a cualificación e a carreira.

Cualificación

[editar | editar a fonte]

Na primeira quenda, o piloto de reserva Paul di Resta fixo a súa primeira saída desde o Gran Premio do Brasil de 2013 e rapidamente púxose ao día con pouca práctica previa. A única experiencia de Di Resta nun coche híbrido de F1 consistiu en 10 voltas nun coche coa especificación 2014 e nalgunhas voltas no simulador antes do Gran Premio de Australia[5]. Di Resta clasificouse 19º nun coche coa configuración de Massa, unha actuación que foi descrita como "incrible" polo xefe de Mercedes Toto Wolff[6]. Di Resta máis tarde admitiu que estaba "asustado, nervioso, [e] ansioso" de como o faría dado a súa falta de experiencia.

Na Q3, Sebastian Vettel conseguiu a pole position cun tempo de 1:16.276. O seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen obtivo o segundo lugar, dando así a Ferrari o seu primeiro 1-2 en Hungría desde 2004. Mercedes ocupou a segunda fila na grella, Red Bull pechou a terceira fila na grella, e McLaren Honda ocupou a cuarta fila da grella na súa mellor cualificación da tempada.

Ao comezo da carreira, os compañeiros de equipo de Red Bull Max Verstappen e Daniel Ricciardo colisionaron na curva 2, despois de que os pneumáticos de Verstappen bloqueáranse. Isto fixo que o radiador de Ricciardo rompésese, forzándoo a retirarse. Foi a primeira retirada na primeira volta de Ricciardo na súa carreira na Fórmula 1. Verstappen recibiu posteriormente unha penalización de 10 segundos por causar o incidente. Ricciardo condenou a Verstappen e cualificou o incidente dun "erro de afeccionado" debido á falta de experiencia de Verstappen. Verstappen máis tarde desculpouse polo incidente logo da bandeira a cadros. Foi a primeira vez que Ricciardo non puido terminar en Hungría na súa carreira na F1.[7]

O coche de seguridade saíu case de inmediato para retirar o Red Bull de Ricciardo e para limpar o aceite da superficie da pista. O coche de seguridade entrou na volta 6, e pouco despois do reinicio, Vettel comezou a notar que a súa dirección tiraba á esquerda nas rectas. Foi instruído para evitar os bordos e os seus tempos de volta comezaron a aumentar, permitindo que o seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen e os dous Mercedes achegáranse.

Romain Grosjean entrou en boxes e saíu cunha porca da roda frouxa. O seu coche tivo que ser retirado e Haas F1 Team foi multado con 5.000 euros por deixar saír a Grosjean en condicións inseguras.

Räikkönen comunicoulle por radio a Ferrari que quería que Vettel o deixara parasr porque Vettel tiña problemas e Räikkönen realizaba tempos de volta máis rápidos. Ferrari ordenou a Vettel acelerar e Räikkönen seguiuno, e ambos aumentaron gradualmente a brecha con ambos Mercedes. A Hamilton permitiuselle adiantar ao seu compañeiro de equipo Bottas e déronlle 10 voltas para tratar de superar a Räikkönen. Mercedes prometeu que se Hamilton non podía pasar, cambiarían posicións de novo.

A nove voltas, Nico Hülkenberg viuse forzado a saír fóra da pista por Kevin Magnussen e posteriormente tivo que retirar o seu coche debido a problemas cos freos e a caixa de cambios. Magnussen recibiu posteriormente unha penalización de cinco segundos polas súas accións, que foron descritas como "desagradables" por Hülkenberg.[8] Hülkenberg criticou a Magnussen e chamouno "o piloto máis antideportivo da grella".

Coa proximidade de Verstappen, parecía coma se o cambio de posicións non ía suceder, pero saíndo da última curva na última volta, Hamilton desacelerou, permitindo pasar a Bottas para reclamar o podio. Hamilton terminou cuarto, con Verstappen en quinto lugar. McLaren-Honda obtivo os seus primeiros dobre-puntos finais da tempada con Alonso sexto e Vandoorne décimo. Este resultado moveunos fóra do último lugar na clasificación dos construtores. Carlos Sainz terminou sétimo para Toro Rosso. Force India conseguiu outro dobre-puntos terminando con Sergio Pérez oitavo e Esteban Ocon noveno.

Como resultado da carreira, Vettel ampliou a súa vantaxe no Campionato de Pilotos sobre Hamilton a 14 puntos. A vantaxe de Mercedes no Campionato de Construtores reduciuse a 39 puntos sobre Ferrari.[9]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Nº. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
Final
Q1 Q2 Q3
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1'17"244 1'16"802 1'16"276 1
2 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1'17364 1'17"207 1'16"444 2
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1'18"058 1'17"362 1'16"530 3
4 44 Lewis Hamilton Mercedes 1'17"492 1'16"693 1'16"707 4
5 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1'17"266 1'17"028 1'16"797 5
6 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1'17"702 1'17"698 1'16"818 6
7 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1'18"137 1'17"655 1'17"468 12[10]
8 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1'18"395 1'17"919 1'17"549 7
9 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1'18"479 1'18"000 1'17"894 8
10 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 1'18"948 1'18"311 1'18"912 9
11 30 Jolyon Palmer Renault 1'18"699 1'18"415 10
12 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1'18"843 1'18"495 11
13 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 1'18"702 1'18"538 16[11]
14 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1'19"095[12] 1'18"639 13
15 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1'19"085 1'18"771 14
16 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1'19"095 15
17 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1'19"102 17
18 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1'19"839 18
19 18 Paul di Resta Williams-Mercedes 1'19"868 19
20 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1'19"972 20
Tempo límite 107%: 1:22.651
Fonte:[13]
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 70 1:39:46.713 1 25
2 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 70 +0.908 2 18
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 70 +12.462 3 15
4 44 Lewis Hamilton Mercedes 70 +12.885 4 12
5 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 70 +13.276 5 10
6 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 70 +1:11.223 7 8
7 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 69 +1 volta 9 6
8 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 69 +1 volta 13 4
9 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 69 +1 volta 11 2
10 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 69 +1 volta 8 1
11 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 69 +1 volta 16
12 30 Jolyon Palmer Renault 69 +1 volta 10
13[14] 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 69 +1 volta 15
14 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 69 +1 volta 17
15 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 68 +2 voltas 18
16 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 68 +2 voltas 20
17[15] 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 67 Freos 12
Ret 40 Paul di Resta Williams-Mercedes 60 Fuga aceite 19
Ret 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 20 Porca da roda 14
Ret 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 0 Colisión 6
fonte:[16]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  1. "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30. 
  2. "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30. 
  3. "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30. 
  4. RACING, WILLIAMS (2017-07-29). "Statement from @WilliamsRacing on @MassaFelipe19 #HungarianGPpic.twitter.com/I6W47CE6tk". @WilliamsRacing. Consultado o 2017-07-30. 
  5. "‘It was like being thrown off a cliff’ – Di Resta on his late Williams call up". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 2017-07-30. 
  6. Straw, Adam Cooper and Edd. "Paul di Resta F1 qualifying performance unbelievable - Toto Wolff". Autosport.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 2017-07-30. 
  7. "Verstappen apologises as Ricciardo bemoans ‘amateur’ error". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30. 
  8. "Hulkenberg blasts ‘nasty’ Magnussen after Hungary clash". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30. 
  9. "Race - Vettel wins as Ferrari prove unstoppable in Hungary". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30. 
  10. Nico Hülkenberg recibiu unha penalización de cinco postos na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.
  11. Daniil Kvyat recibiu unha penalización de tres postos na grella por obstaculizar a Lance Stroll durante a Q1.
  12. Sergio Pérez e Kevin Magnussen marcaron idénticos tempos de volta na Q1. Como Pérez foi o primeiro en lograr o seu tempo, considerouse que se clasificou por diante de Magnussen.
  13. "Formula 1 B2017 Hungarian Grand Prix — Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017. 
  14. Kevin Magnussen tivo 5 segundos engadidos ao seu tempo de carreira por forzar a Nico Hülkenberg a sair fora da pista.
  15. Nico Hülkenberg retirouse da carreira, pero clasificouse ao completar o 90% da distancia de carreira.
  16. "2017 Formula 1 Hungary Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 30 de xullo de 2017. Consultado o 30 de xullo de 2017. 


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 2016
Gran Premio de Hungría Carreira seguinte:
Gran Premio de Hungría de 2018