Saltar ao contido

Gran Premio de Mónaco de 1992

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Mónaco de 1992
Nome oficial50ème Grand Prix de Monaco Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Mónaco Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1992 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento78 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude3,337 km Editar o valor en Wikidata
PaísMónaco Editar o valor en Wikidata
Data31 de maio de 1992 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAyrton Senna Editar o valor en Wikidata
Pole positionNigel Mansell Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNigel Mansell Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Mónaco de 1992 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 31 de maio de 1992 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1992. A carreira, disputada sobre 78 voltas foi gañada polo Ayrton Senna logo dunha disputada batalla polo liderado nas tres últimas voltas con Nigel Mansell. Mansell saíu desde a pole e esivo en primeiro lugar desde o inicio ata a volta 71 cando tivo que parar para cambiar pneumáticos despois de que el sospeitara que tiña unha punción no seu pneumático traseiro esquerdo. A pesar da vitoria de Senna, Mansell demostrou ser máis rápido durante a carreira, e parecía estar en camiño a unha cómoda vitoria antes da súa parada en boxes na volta 71. Ricardo Patrese logrou o terceriro posto no podio xusto diante do Benetton de Michael Schumacher, que terminou cuarto logo dunha colisión co Ferrari de Jean Alesi, que danou o pontón lateral e a electrónica causando a retirada do Ferrari. Martin Brundle no segundo Benetton terminou en quinto lugar a pesar de ter que entrar en boxes para cambiar o morro e os pneumáticos logo dun accidente na chicane Nouvelle. Bertrand Gachot terminou sexto na posición final dos puntos, logo de ter que pre-cualificar na mañá do xoves e anotou o primeiro e único punto de Larrousse na tempada 1992.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

As cinco primeiras carreiras do campionato terminaron co piloto de Williams Nigel Mansell liderando o Campionato de Pilotos con 26 puntos de ventaxe, logo de lograr cinco vitorias seguidas. O seu compañeiro de equipo Riccardo Patrese ocupaba o segundo lugar con 24. O equipo Williams lideraba o Campionato de Construtores con 74 puntos, en segundo lugar Benetton tiña 20, co seu piloto Michael Schumacher no terceiro lugar no campionato de pilotos. O vixente Campión do Mundo Ayrton Senna de McLaren era cuarto, logo de acumular oito puntos. Con todo, nos últimos oito anos o Gran Premio de Mónaco só fora gañado, por Ayrton Senna e Alain Prost, pero Nigel Mansell buscaba lograr a súa primeira vitoria en Mónaco logo de gañar as últimas cinco carreiras. Non houbo cambios na aliñación de pilotos repecto da carreira anterior, con todo antes da carreira o presidente de Ferrari Luca di Montezemolo, tivo que anunciar publicamente a posición de confianza de Ivan Capelli no equipo Ferrari, en resposta ás críticas da revista italiana Autosprint sobre as recentes actuacións de Ivan Capelli.[1] Autosport tamén informou o xoves antes da carreira que Capelli estaba "a piques de ser substituído", segundo "rumores italianos", destacando o feito de Gianni Morbidelli levara a cabo a maior parte das probas de Ferrari no circuíto de Imola antes da carreira de Mónaco.[2] Ferrari publicara un comunicado en resposta as probas de Morbidelli co Ferrari F92A dicindo que Ivan Capelli tivera un "día libre", pero Capelli negou esta circunstancia. O Team Lotus tamén trouxo un segundo novo chasis 107 para Mika Häkkinen en Mónaco, xa que só un chasis 107 estivera dispoñible para Herbert en San Marino.[3] O coche fora "instalado" en Hethel, Norfolk por Olivier Beretta antes de ser levado á Mónaco .[4]

Pre-cualificación

[editar | editar a fonte]

A sesión de Pre-cualificación do xoves pola mañá durou unha hora e comezou ás 8:00 hora local, con tempo cálido e asollado.[5] Michele Alboreto foi o máis rápido na sesión. Bertrand Gachot tamén pre-cualificado terminou segundo, cun mellor tempo de 1:25.980. Roberto Moreno terminou terceiro co equipo Andrea Moda clasificándose por primeira vez. Andrea Chiesa foi o último pre-cualificado en cuarto lugar cun tempo de 1:27.756. Ukyo Katayama, foi freado por unha lixeira fuga de aceite e só logrou un 1 : 28.310 antes de estrelarse en Tabac nos últimos minutos da sesión, terminando co quinto mellor tempo e converténdose no único piloto que non pre-cualificou no ano 1992.[6] Perry McCarthy no seu Andrea Moda S921 en realidade só fixo dúas voltas no comezo da sesión e, posteriormente, non rexistrou un tempo.[7][8] O equipo quería o seu coche Andrea Moda S921 para telo preparado como reposto para o seu compañeiro de equipo Moreno, no caso de que o necesitaran.

A práctica e a cualificación

[editar | editar a fonte]

Dúas sesións de adestramentos leváronse a cabo antes da carreira, a primeira celebrouse o venres pola mañá, a segunda o sábado pola mañá. Ambas as sesións duraron 1 hora e 45 minutos. A primeira sesión de adestramentos levouse a cabo baixo condicións de clima cálido e brumoso..[7]

O Fondmetal de Andrea Chiesa trompeou diante do March de Karl Wendlinger durante a sesión de prácticas do xoves. Chiesa non se clasificou ao terminar 29, 0´715 segundos máis lento que Moreno no seu Andrea Moda.[9]
Riccardo Patrese terminou a cualificación do sábado como segundo máis rápido a pesar de estar bloqueado por Bertrand Gachot nos últimos minutos da cualificación do sábado, o que rematou nunha confrontación entre eles no paddock [10]
Michael Schumacher terminou cualificación do sábado sexto máis rápido.

Nigel Mansell foi o máis rápido na primeira sesión de adestramentos, 0´883 segundos por diante de Ayrton Senna, en segundo lugar, con Gerhard Berger terceiro e Michael Schumacher cuarto. Michele Alboreto foi o sexto máis rápido, co Tyrrell de Andrea de Cesaris sétimo e o March de Karl Wendlinger oitavo. Ferrari probou un dispositivo de control de tracción e diferencial electrónico novo no F92A de Jean Alesi e terminou noveno.[7] Alesi dixo que o motor aínda "necesita máis potencia e mellor resposta".[6] Stefano Modena que se clasificou na primeira fila da grella no Gran Premio de Mónaco de 1991 logrou o décimo mellor tempo e mostrou unha melloría co Jordan 192 que previamente non puido clasificarse en dúas carreiras de 1992.[5] A sesión de cualificación dividiuse en dúas sesións dunha hora, a primeira celebrouse o xoves pola tarde, a segunda lugar o sábado pola tarde. O mellor tempo de calquera das sesións, contaba para a posición final na grella. A sesión de clasificación da tarde do xoves levouse a cabo en condicións de calor, pero nubrado. Nigel Mansell foi o máis rápido na cualificación do xoves con 1:20.714. Ayrton Senna foi o segundo máis rápido por diante de Ricardo Patrese en terceiro lugar. Gerhard Berger foi o cuarto máis rápido cun tempo de 1:22.359, pero a metade da sesión a suspensión frontal do seu McLaren rompeu en Massenet o que lle causou chocar fortemente contra as barreiras. Berger comentou:

Eu estaba empuxando duro pero o coche non xirou na curva. Creo que algo rompeu. Sorpréndeme que non resultara ferido.

Jean Alesi fixo un trompo na sesión e viuse obrigado a utilizar o Ferrari F92A de reposto con pneumáticos usados, con todo aínda así terminou co quinto mellor tempo. Michael Schumacher completou os primeiros seis con Andrea de Cesaris no sétimo lugar no Tyrrell 020B. As condicións climáticas do sábado foron asolladas e secas, pero gradualmente nubrouse pola tarde.[5] Dentro da primeira sesión de adestramentos na mañá do sábado Pierluigi Martini estrelouse no túnel, causando danos á barreira que levou 40 minutos para repararse e atrasou o inicio da cualificación do sábado 30 minutos.[11][12]

Nigel Mansell foi aínda máis rápido o sábado con 1:19.495 e acadou a súa sexta pole da tempada. Mansell describiu máis tarde o seu tempo como "unha volta totalmente limpa".[13] Riccardo Patrese mellorou para cualificar segundo, con todo tivo problemas con Bertrand Gachot nunha das súas voltas de cualificación, e reaccionou de dirixíndose ao pit de Larrousse e tratou de golpear ao belga.[5][11] Ayrton Senna terminou terceiro na grella a pesar de bater a parte traseira do seu coche contra a barreira de pneumáticos na curva de Mirabeau, danando a suspensión traseira e o alerón que finalmente rompeu no túnel.[13]

Ayrton Senna asumiu o liderado da carreira na volta 70, pero tivo que conter a unha moito máis rápido Nigel Mansell logo de pasalo nas tres últimas voltas

O clima durante a carreira foi nubrado, pero cálido e seco. Os pilotos saíron á pista na mañá do domingo para unha sesión de arrequecemento de 30 minutos e o piloto de Williams Ricardo Patrese foi o máis rápido con Mansell quinto.[5]

A volta de formación comezou ás 15:30 hora local. 26 coches cualificaronse para a carreira, pero só había 25 na grella de saída, Gianni Morbidelli non puido arrincar o seu coche para a volta de arrequecemento e, posteriormente, tivo que comezar desde o pit lane. Ao principio, Senna pasou a Patrese na curva de Santa Devota. Schumacher tamén pasou a Berger na primeira curva. Pierluigi Martini experimentou o seu segundo choque da fin de semana na primeira volta batendo contra a barreira na saída de Mirabeau. A orde ao final da primeira volta era Mansell en primeiro lugar, seguido por Senna, Patrese, Alesi, Schumacher e Berger. Morbidelli uniuse a eles, pero só fixo unha volta antes de que a caixa de cambios lle fallase e o obrigase a retirarse para sempre. Roberto Moreno remontou dende o 19º lugar grazas ás seis retiradas anteriores, pero viuse obrigado a retirarse na volta 11 aos boxes debido a problemas no motor. Patrese comezou a atacar a Senna, pero comezou a caer de novo con problemas de caixa de cambios. Na volta 12, Schumacher tratou de pasar Alesi na pinza de Loews colisionando ambos, e danando a caixa electrónica do coche de Alesi. Alesi continuou no quinto lugar outras 16 voltas, antes de que o dano obrigaralle a retirarse na volta 28, isto levou a Berger á quinta posición. Brundle estaba perseguindo a Berger, pero cometeu un erro na Nouvelle Chicane e ademais de sufrir unha picada, tamén danou o alerón dianteiro do Benetton e tivo que entrar en boxes para reparalo, dando o sexto lugar a Capelli. Na volta 32 Berger tivo que retirarse cando a súa caixa de cambios fallou.[6] Na volta 60 Michele Alboreto cometeu un erro e fixo un trompo diante do McLaren - Honda de Senna, case provocando un choque entre eles. Ao evitar a Footwork de Alboreto, Senna perdeu case 10 segundos.[11]

Ayrton Senna co Príncipe Rainiero e a Princesa Estefanía.

Ivan Capelli marchaba en 5º lugar a pesar de ser dobrado por Nigel Mansell, con todo na volta 61 fixo un trompo na praza do Casino, danando o brazo da dirección. Cando chegou ao complexo de piscinas o dano fíxolle derrapar quedando o Ferrari sobre a barreira antes da Rascasse nun ángulo de 45 graos. Nigel Mansell liderou a carreira no seu Williams FW14 B Renault ata a volta 70, pero unha porca da roda solta obrigoulle a entrar en boxes, saíndo detrás do McLaren - Honda de Ayrton Senna. Mansell, con pneumáticos novos, estableceu unha marca de volta de case dous segundos máis rápido que Senna e pasou de 5´2 a 1´9 segundos en tan só dúas voltas. A parella bateuse en duelo ao redor de Mónaco nas tres últimas voltas, pero Mansell non puido atopar a forma de pasalo, terminando a só dúas décimas de segundo detrás do brasileiro.[11][14] Foi a quinta vitoria de Senna en Mónaco, igualando a marca de Graham Hill. Ricardo Patrese logrou a terceira posición e o Benetton de Michael Schumacher, terminou cuarto.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Precualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 9 Italia Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 1:25.413 -
2 29 Francia Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 1:25.980 +0.567
3 34 Roberto Moreno Moda-Judd 1:27.186 +1.773
4 14 Suíza Andrea Chiesa Fondmetal-Ford 1:27.756 +2.343
NSCP 30 Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 1:28.310 +2.897
NSCP 35 Perry McCarthy Moda-Judd Sen tempo

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 5 Nigel Mansell Williams-Renault 1:20.714 1:19.495
2 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 1:22.309 1:20.368 +0.873
3 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:21:467 1:20.608 +1.113
4 27 Francia Jean Alesi Ferrari 1:22.942 1:20.895 +1.400
5 2 Austria Gerhard Berger McLaren-Honda 1:22.359 1:21.224 +1.729
6 19 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:23.150 1:21.831 +2.336
7 20 Martin Brundle Benetton-Ford 1:23.872 1:22.068 +2.573
8 28 Italia Ivan Capelli Ferrari 1:23.813 1:22.119 +2.624
9 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 1:25.979 1:22.579 +3.084
10 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 1:23.552 1:22.647 +3.152
11 9 Italia Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 1:23.774 1:22.671 +3.176
12 24 Italia Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 1:24.567 1:22.733 +3.238
13 33 Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 1:24.235 1:22.863 +3.368
14 11 Finlandia Mika Häkkinen Lotus-Ford 1:25.809 1:22.886 +3.391
15 29 Francia Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 1:23.606 1:23.122 +3.627
16 16 Austria Karl Wendlinger March-Ilmor 1:23.978 1:23.264 +3.769
17 23 Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini 1:25.561 1:23.487 +3.992
18 22 Italia Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 1:25.665 1:23.508 +4.013
19 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:24.340 1:23.641 +4.146
20 21 Finlandia Jyrki Järvilehto Dallara-Ferrari 1:25.050 1:23.862 +4.367
21 32 Italia Stefano Modena Jordan-Yamaha 1:23.890 1:23.909 +4.395
22 25 Bélxica Thierry Boutsen Ligier-Renault 1:25.222 1:23.909 +4.414
23 26 Francia Érik Comas Ligier-Renault 1:24.816 1:23.974 +4.479
24 3 Francia Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 1:24.533 1:23.990 +4.495
25 15 Italia Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 1:25.614 1:24.479 +4.984
26 34 Roberto Moreno Moda-Judd 1:25.185 1:24.945 +5.450
NSC 7 Bélxica Eric van de Poele Brabham-Judd 1:25.702 1:24.981 +5.486
NSC 8 Damon Hill Brabham-Judd 1:26.889 1:25.394 +5.899
NSC 14 Suíza Andrea Chiesa Fondmetal-Ford 1:27.140 1:25.660 +6.165
NSC 17 Francia Paul Belmondo March-Ilmor 1:26.501 1:25.750 +6.255
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 78 1:50:59.372 3 10
2 5 Nigel Mansell Williams-Renault 78 + 0.215 1 6
3 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 78 + 31.843 2 4
4 19 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 78 + 39.294 6 3
5 20 Martin Brundle Benetton-Ford 78 + 1:21.347 7 2
6 29 Francia Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 77 + 1 volta 15 1
7 9 Italia Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 77 + 1 volta 11
8 23 Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini 77 + 1 volta 17
9 21 Finlandia Jyrki Järvilehto Dallara-Ferrari 76 + 2 voltas 20
10 26 Francia Érik Comas Ligier-Renault 76 + 2 voltas 23
11 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 76 + 2 voltas 19
12 25 Bélxica Thierry Boutsen Ligier-Renault 75 + 3 voltas 22
Ret 28 Italia Ivan Capelli Ferrari 60 Trompo 8
Ret 2 Austria Gerhard Berger McLaren-Honda 32 Caixa cambios 5
Ret 11 Finlandia Mika Häkkinen Lotus-Ford 30 Caixa cambios 14
Ret 27 Francia Jean Alesi Ferrari 28 Caixa cambios 4
Ret 33 Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 18 Caixa cambios 13
Ret 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 17 Trompo 9
Ret 34 Roberto Moreno Moda-Judd 11 Motor 26
Ret 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 9 Caixa cambios 10
Ret 15 Italia Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 9 Motor 25
Ret 32 Italia Stefano Modena Jordan-Yamaha 6 Trompo 21
Ret 3 Francia Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 4 Transmisión 24
Ret 16 Austria Karl Wendlinger March-Ilmor 1 Caixa cambios 16
Ret 24 Italia Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 1 Caixa cambios 12
Ret 22 Italia Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 0 Trompo 18
NSC 7 Bélxica Eric van de Poele Brabham-Judd
NSC 8 Damon Hill Brabham-Judd
NSC 14 Suíza Andrea Chiesa Fondmetal-Ford
NSC 17 Francia Paul Belmondo March-Ilmor
NSCP 30 Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini
NSCP 35 Perry McCarthy Moda-Judd

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
  1. "Ivan The Terrible". F1 Rejects. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2004. Consultado o 29 de xullo de 2011. 
  2. Dodgins, Tony (28 de maio de 1992). "A new shake up at Ferrari – or is it idle speculation". Autosport (Haymarket Publications) 127 (9): p6. 
  3. Dodgins, Tony (28 de maio de 1992). "Team Lotus". Autosport (Haymarket Publications) 127 (9): p9. 
  4. Dodgins, Tony (4 de xuño de 1992). "Team Lotus". Autosport (Haymarket Publications) 127 (10): p7. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Saward, Joe (4 de xuño de 1992). "Monaco GP". Autosport (Haymarket Publications) 127 (10): p39. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Saward, Joe (4 de xuño de 1992). "Monaco GP". Autosport (Haymarket Publications) 127 (10): p37. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Saward, Joe (4 de xuño de 1992). "Monaco GP". Autosport (Haymarket Publications) 127 (10): p28. 
  8. "F1 Rejects Interview with Perry McCarthy". F1 Rejects. 1 de xuño de 2004. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  9. "Qualifying". Manipef1. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  10. Saward, Joe (28 de maio 1992). "GP de Mónaco". Autosport (Haymarket) 127 (10): P36. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "GRAND PRIX RESULTS: MCOACO GP, 1992". grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  12. Allard Kalff (Commentator) (1992-05-30). Monaco Grand Prix: 2nd Qualifying Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 
  13. 13,0 13,1 Monaco Grand Prix: 2nd Qualifying Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 1992-05-30. 
  14. Henry, Alan (1992) [1992]. "1992 Grands Prix: Monaco Grand Prix". Autocourse 1992-93. Hazleton Publishing. pp. 150–153. ISBN 0-905138-96-1. 


Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1992
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1992
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1992
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1991
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1993