Gran Premio de Mónaco de 1998
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Nome oficial | Grand Prix de Monaco |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 24 de maio de 1998 |
Competición | |
Primeiro posto | Mika Häkkinen |
Pole position | Mika Häkkinen |
Volta máis rápida | Mika Häkkinen |
O Gran Premio de Mónaco de 1998 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 24 de maio de 1998 no Circuíto de Mónaco en Montecarlo, Mónaco.
Cualificación
[editar | editar a fonte]A maior sorpresa na clasificación do sábado foi Giancarlo Fisichella. Amañouse para pór o seu coche no terceiro posto, só por detrás dos dous McLaren - Mercedes. Durante un momento Fisichella foi o piloto máis rápido. Michael Schumacher, que estaba loitando polo campionato mundial clasificou cuarto, o que foi unha gran decepción para os miles de afeccionados italianos que viaxaron a Mónaco para a carreira.
Carreira
[editar | editar a fonte]Nunha saída perfecta para McLaren - Mercedes viu a ambos coches liderar na primeira curva, con Häkkinen diante de Coulthard. Fisichella e Schumacher marchaban 3º e 4º. Nas primeiras voltas os dous McLaren - Mercedes encabezaron a carreira. Na volta 18 David Coulthard retirouse con problemas no motor.
Michael Schumacher foi o primeiro en entrar en boxes para recargar combustible na volta 30. Unha volta máis tarde entrou Giancarlo Fisichella, a pesar de que saíu dos boxes detrás do Ferrari. Pronto Michael achegouse por detrás de Alexander Wurz e tratou de pasalo custase o que custase. Cando os dous chegaron á curva de Loews, Michael intentouno polo interior, pero o austríaco non cedeu o paso. Os dous coches tocáronse e o Ferrari resultou danado. Michael entrou a boxes para a súa reparación, e finalmente saíu a tres voltas no líder de Mika Häkkinen.
Wurz non parecía afectado polo contacto, pero a súa suspensión rompeu debido aos danos da colisión e tivo un accidente enorme na saída do túnel, finalmente parouse na chicane Nouvelle. Despois do segundo accidente de Wurz na volta 42, a orde era Mika Häkkinen seguido de Giancarlo Fisichella, Eddie Irvine, Jean Alesi e Mika Salo. Con todo, a cinco voltas do final Jean Alesi sufriu problemas co cambio, e viuse obrigado a retirarse da carreira, Pedro Diniz subiu á sexta posición. Michael Schumacher intentou pasar Diniz na chicane, pero tocáronse. Este segundo accidente rompeu o alerón dianteiro, e Michael finalmente terminou con dúas voltas perdidas no décimo lugar, fóra dos puntos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 78 | 1:51:23.595 | 1 | 10 |
2 | 5 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 78 | +11.475 | 3 | 6 |
3 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 78 | +41.378 | 7 | 4 |
4 | 17 | Mika Salo | Arrows | 78 | +1:00.363 | 8 | 3 |
5 | 1 | Jacques Villeneuve | Williams-Mecachrome | 77 | +1 volta | 13 | 2 |
6 | 16 | Pedro Diniz | Arrows | 77 | +1 volta | 12 | 1 |
7 | 15 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 77 | +1 volta | 9 | |
8 | 9 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 76 | +2 voltas | 15 | |
9 | 22 | Shinji Nakano | Minardi-Ford | 76 | +2 voltas | 19 | |
10 | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 76 | +2 voltas | 4 | |
11 | 21 | Toranosuke Takagi | Tyrrell-Ford | 76 | +2 voltas | 20 | |
12 | 14 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 72 | Caixa de cambios | 11 | |
Ret | 12 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 56 | Caixa de cambios | 10 | |
Ret | 11 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 49 | Roda | 18 | |
Ret | 10 | Ralf Schumacher | Jordan-Mugen-Honda | 44 | Suspensión | 16 | |
Ret | 6 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 42 | Trompo | 6 | |
Ret | 19 | Jan Magnussen | Stewart-Ford | 30 | Suspensión | 17 | |
Ret | 7 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 17 | Motor | 2 | |
Ret | 18 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 11 | Suspensión | 14 | |
Ret | 2 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Mecachrome | 9 | Colisión | 5 | |
Ret | 23 | Esteban Tuero | Minardi-Ford | 0 | Trompo | 21 | |
NSC | 20 | Riccardo Rosset | Tyrrell-Ford | 0 | Non cualificado | NSC |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1998 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1998 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1998 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1997 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1999 |