Saltar ao contido

Gran Premio do Canadá de 1989

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio do Canadá de 1989
Nome oficialXXVII Canadian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Canadá Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1989 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento69 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.5006, -73.5225 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,361 km Editar o valor en Wikidata
PaísCanadá Editar o valor en Wikidata
Data18 de xuño de 1989 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoThierry Boutsen Editar o valor en Wikidata
Pole positionAlain Prost Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaJonathan Palmer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Canadá de 1989 (oficialmente o 1989 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 18 de xuño de 1989 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. A carreira foi a sexta rolda da tempada 1989.

Foi a primeira vitoria de Fórmula 1 para o piloto belga Thierry Boutsen, quen gañou tres carreiras de Fórmula Un en total, todo durante o seu período de dous anos con Williams-Renault, e foi a primeira vitoria para a asociación Williams-Renault, que durou ata o final da tempada 1997 e chegou a gañar catro Campionatos de Pilotos e cinco Campionatos do Mundo de Construtores nese momento.

Alain Prost (McLaren) logrou a súa primeira pole position desde o Gran Premio de Portugal de 1988, parando a carreira do seu compañeiro de equipo Ayrton Senna de 8 poles consecutivas ata esa carreira.

A carreira suscitábase interesante desde o punto de vista da grella de saída. Alain Prost rompera a racha de oito pole position seguidas de Ayrton Senna, co que o duelo entre ambos pilotos de McLaren podía ser espectacular. Máis aínda co engadido da choiva que caera o domingo pola mañá que deixou o asfalto húmido para o momento da saída. A maioría de pilotos partiron con pneumáticos intermedios.

Nigel Mansell e Alessandro Nannini pasaron polo carril de boxes trala volta de formación para cambiar a gomas lisas pero no momento da saída arrincaron demasiado pronto, o que resultou na súa descualificación da carreira. Na cabeza, Prost tomou o liderado e empezou a tirar. Era unha oportunidade fantástica para o francés, que malia todo tivo que abandonar na segunda volta por unha rotura de suspensión.

Cunha pista cada vez máis seca, empezaron a chegar as primeiras paradas a boxes para poñer pneumáticos lisos. Isto deixou a Riccardo Patrese á fronte da clasificación por diante de Thierry Boutsen e Ayrton Senna. Foi durante este período cando se viviu a situación máis curiosa da carreira cun Stefan Johansson que volveu a pista trala súa parada cun cable de aire dos boxes enganchado ao alerón traseiro do seu Onyx. Tras ignorar os avisos para que volvese a boxes, foi descualificado.

Pero cando parecía que a carreira ía camiño a un final de seco, empezou a chover de novo. Unha vez máis, carril de boxes ocupouse con moitas paradas a boxes. A todo isto, Patrese mantivera pneumáticos de auga, polo que gañou unha gran vantaxe sobre os rivais, sendo os seus perseguidores máis próximos Derek Warwick co Arrows e Nicola Larini co Osella. Por detrás, Senna viña desatado, quitándose a rivais de encima cunha facilidade pasmosa.

A 30 voltas do final, Warwick perdeu o liderado en favor de Senna. Patrese parara a boxes para cambiar uns pneumáticos que estaban demasiado desgastados e perdera a cabeza de carreira. O brasileiro parecía lanzado cara a unha vitoria segura mentres os dous Williams ocupaban as posicións de podio con Boutsen por diante de Patrese, grazas á recente parada en boxes deste último.

A tres voltas do final, o motor de Senna rompeu e o piloto de McLaren tivo que retirarse do gran premio. Isto deixou a vitoria en bandexa de prata a Thierry Boutsen, que non só conseguiu o seu primeiro triunfo na Fórmula 1 senón que tamén lle deu a Williams a súa primeira vitoria desde 1987 e o primeiro éxito da asociación Williams-Renault.

A segunda posición foi para Riccardo Patrese e para sorpresa xeral, o terceiro home no podio foi Andrea de Cesaris. O italiano conseguía o impensable co Dallara da Scuderia Italia. Mentres tanto, Nelson Piquet celebraba un cuarto posto que era de feito a súa primeira posición nos puntos de todo 1989. Por detrás, René Arnoux finalizou nunha quinta posición que supuxo a súa última vez nos puntos no ano da súa retirada da Fórmula 1.

O chamado, punto de honra, foi para Alex Caffi co outro Dallara, dándolle ao equipo o seu mellor día na Fórmula 1. Como curiosidade, Jonathan Palmer, pai de Jolyon Palmer obtivo a súa única volta rápida neste gran premio, ao volante dun Tyrrell no que tamén foi o seu último ano na máxima categoría. Mentres tanto, a loita polo campionato entre Senna e Prost non fixera máis que empezar.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Pre Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 8 Italia Stefano Modena Brabham-Judd 1:23.398
2 17 Italia Nicola Larini Osella-Ford 1:24.550 +1.152
3 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:24.764 +1.366
4 21 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 1:24.778 +1.380
5 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:25.275 +1.877
6 37 Bélxica Bertrand Gachot Onyx-Ford 1.25.952 +2.554
7 33 Suíza Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1:26.365 +2.967
8 18 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:26.807 +3.409
9 34 Alemaña Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:27.073 +3.675
10 41 Alemaña Joachim Winkelhock AGS-Ford 1:28.545 +5.147
11 39 Alemaña Volker Weidler Rial-Ford 1:31.455 +8.057
12 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha 1:53.327 +29.929
13 32 Francia Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford 1:59.693 +36.295

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 2 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:20.973 1:22.269
2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:21.049 1:21.269 +0.076
3 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 1:21.783 1:23.738 +0.810
4 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:21.946 1:22.305 +0.973
5 27 Nigel Mansell Ferrari 1:22.165 1:22.751 +1.192
6 5 Bélxica Thierry Boutsen Williams-Renault 1:22.311 1:24.004 +1.338
7 8 Italia Stefano Modena Brabham-Judd 1:22.612 1:23.599 +1.639
8 21 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 1:22.901 1:24.957 +1.928
9 22 Italia Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:23.050 1:24.444 +2.077
10 30 Francia Philippe Alliot Lola-Lamborghini 1:23.059 +2.086
11 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:23.252 1:25.195 +2.279
12 9 Derek Warwick Arrows-Ford 1:23.348 1:23.833 +2.375
13 19 Italia Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:23.542 1:24.279 +2.569
14 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:23.665 1:23.876 +2.692
15 17 Italia Nicola Larini Osella-Ford 1:23.799 1:25.289 +2.826
16 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 1:23.828 1:24.693 +2.855
17 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:23.863 1:24.734 +2.890
18 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:23.974 1:24.918 +3.001
19 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 1:24.029 1:25.825 +3.056
20 4 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:24.296 1:25.412 +3.323
21 16 Italia Ivan Capelli March-Judd 1:24.406 1:25.094 +3.433
22 25 Francia René Arnoux Ligier-Ford 1:24.558 1:25.394 +3.585
23 38 Alemaña Christian Danner Rial-Ford 1:25.298 1:24.727 +3.754
24 24 España Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:24.786 1:25.570 +3.813
25 40 Italia Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:24.793 1:25.246 +3.820
26 31 Roberto Moreno Coloni-Ford 47:24.470 1:25.037 +4.064
27 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 1:25.051 1:26.358 +4.078
28 29 Francia Yannick Dalmas Lola-Lamborghini 1:25.317 1:25.161 +4.188
29 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 1:25.335 1:25.282 +4.309
30 26 Francia Olivier Grouillard Ligier-Ford 1:25.382 1:25.289 +4.316
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Bélxica Thierry Boutsen Williams-Renault 69 2:01:24.073 6 9
2 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 69 + 30.007 3 6
3 22 Italia Andrea de Cesaris Dallara-Ford 69 + 1:36.649 9 4
4 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 69 + 1:41.484 19 3
5 25 Francia René Arnoux Ligier-Ford 68 + 1 volta 22 2
6 21 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 67 + 2 voltas 8 1
7 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 66 Motor 2
8 38 Alemaña Christian Danner Rial-Ford 66 + 3 voltas 23
Ret 31 Roberto Moreno Coloni-Ford 57 Diferencial 26
Ret 9 Derek Warwick Arrows-Ford 40 Motor 12
Ret 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 35 Trompo 14
Ret 17 Italia Nicola Larini Osella-Ford 33 Eléctrico 15
Ret 16 Italia Ivan Capelli March-Judd 28 Trompo 21
Ret 30 Francia Philippe Alliot Lola-Lamborghini 26 Trompo 10
DSC 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 13 Descualificado 18
Ret 24 España Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 11 Trompo 24
Ret 15 Maurício Gugelmin March-Judd 11 Eléctrico 17  
Ret 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 6 Caixa de cambios 4
Ret 40 Italia Gabriele Tarquini AGS-Ford 6 Trompo 25
Ret 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 3 Trompo 16
Ret 2 Francia Alain Prost McLaren-Honda 2 Suspensión 1
DSC 27 Nigel Mansell Ferrari 0 Descualificado 5
Ret 8 Italia Stefano Modena Brabham-Judd 0 Accidente 7
Ret 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 0 Accidente 11
DSC 19 Italia Alessandro Nannini Benetton-Ford 0 Descualificado 13
Ret 4 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 0 Eléctrico 20
NSC 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd
NSC 29 Francia Yannick Dalmas Lola-Lamborghini
NSC 20 Johnny Herbert Benetton-Ford
NSC 26 Francia Olivier Grouillard Ligier-Ford
NSCP 7 Martin Brundle Brabham-Judd
NSCP 37 Bélxica Bertrand Gachot Onyx-Ford
NSCP 33 Suíza Gregor Foitek EuroBrun-Judd
NSCP 18 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Ford
NSCP 34 Alemaña Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha
NSCP 41 Alemaña Joachim Winkelhock AGS-Ford
NSCP 39 Alemaña Volker Weidler Rial-Ford
NSCP 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha
NSCP 32 Francia Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford
fonte:[1]
  • Líderes por volta: Alain Prost 1 (1), Ayrton Senna 30 (2-3, 39-66), Riccardo Patrese 31 (4-34), Derek Warwick 4 (35-38), Thierry Boutsen 3 (67-69)
  • Nigel Mansell e Alessandro Nannini foron descualificados logo de comezar desde o pitlane antes de que se iniciase a carreira. Ambos pilotos entraran en boxes para poñer slicks logo da volta de quecemento e cando chegaron ao final do pit lane non atoparon nin luces nin comisarios que lles impedisen volver á pista (a ausencia de luces é xeralmente un sinal de que a carreira comezou). A pesar de que o problema foi causado polos comisarios da carreira por non ter o as luces do carril de boxes acesas, e que os comisarios do pit lane non fixeron o seu traballo correctamente deténdoos ao saír dos boxes porque a carreira non comezara, Mansell e Nannini foron descualificados.
  • Stefan Johansson viu a bandeira negra porque volveu a pista trala súa parada en boxes cun cable de aire enganchado ao alerón traseiro do seu Onyx. Tras ignorar os avisos para que volvese a boxes, foi descualificado.
  • O triplo campión do mundo Nelson Piquet anotou os seus primeiros puntos da tempada que foron suficientes para manter a Lotus fora da pre-cualificación logo do Gran Premio do Reino Unido de 1989 (onde de novo terminou 4º). Tamén anotara os seus primeiros puntos de 1984 cando gañou no Gran Premio do Canadá de 1984, aínda que a diferenza de 1984 non era o defensor do campionato mundial.
  • Primeira vitoria: Renault motor V10. Tamén foi a primeira vitoria dun coche con motor Renault desde que Ayrton Senna gañou o Gran Premio de Detroit de 1986 nun Lotus 98T turbo e a primeira vitoria de Renault cun motor aspirado naturalmente.
  • ünica volta rápida de: Jonathan Palmer
  • Primeiro podio: Scuderia Italia / Dallara
  • Derradeiro podio: Andrea de Cesaris
  • Derradeiros puntos: René Arnoux
  • Derrardeira volta en cabeza: Derek Warwick
  • Primeira descualificación - Nigel Mansell
  • Derradeira descualificación - Stefan Johansson, Alessandro Nannini
  • Aínda que Brabham dominara polo xeral as pre-cualificacións antes do Canadá, Martin Brundle tivo problemas na sesión e non logrou precualificar para a carreira.
  • Agás as súas dúas descualificacións en 1985 e 1986, ou cando se retirou dunha careira en protesta contra as condicións (que ocorrería na última carreira de 1989 en Australia), esta sería a carreira máis curta da carreira de Alain Prost con McLaren, durando só ata o comezo da segunda volta antes de que un fallo da suspensión o obrigara a retirarse. Tamén sería a segunda carreira máis curta da súa carreira na F1 tralo infame Gran Premio do Xapón de 1990.
  • Este foi o único Gran Premio onde ambos coches de Dallara remataron nos puntos.
  • Esta foi a primeira vez desde que o Benetton B186 BMW de Gerhard Berger gañou o Gran Premio de México de 1986 (39 carreiras) que non a vitoria non foi para un automóbil que non usba un motor Honda, Ferrari ou TAG-Porsche.
  • Esta foi tamén a primeira vez desde que Keke Rosberg gañou o Gran Premio de Australia de 1985 que un piloto que non fora Senna, Prost, Piquet, Mansell ou Berger gañaba un Gran Premio.

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. "1989 Canadian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1989
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1989
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1989
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1988
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1990