Guerra italiana de 1521-1526
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Guerra italiana de 1521-1526 | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de guerras italianas | |||||||
A batalla de Pavía, obra dun artista flamengo descoñecido (óleo sobre lenzo, século XVI) | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Reino de Francia República de Venecia Reino de Navarra |
Imperio Español Sacro Imperio Romano Xermánico Reino de Inglaterra Estados Pontificios | ||||||
Líderes | |||||||
Francisco I de Francia Odet de Foix Guillaume Gouffier † Pierre Terrail † Henrique II de Navarra |
Carlos I de España Fernando de Ávalos Prospero Colonna Carlos de Lannoy Carlos III de Borbó |
A guerra italiana de 1521–1526, tamén coñecida como Guerra dos Catro Anos,[1] forma parte das Guerras italianas. O conflito desenvolveuse entre 1521 e 1526 e loitaron Francisco I de Francia e a República de Venecia contra o emperados do Sacro Imperio Romano Xermánico Carlos V, Henrique VIII de Inglaterra e os Estados Pontificios. Entre as causas do conflito está a escolla en 1519–1520 de Carlos I como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e a necesidade do papa León X de aliarse con Carlos para combater a Martiño Lutero.
A guerra estourou en Europa occidental en 1521, cando Francia envadiu os Países Baixos e intentou axudar a Henrique II de Navarra a recuperar o seu reino. As forzas imperiais repeleron a invasión e atacaron o norte de Francia, onde os franceses detiveron o seu avance. Por isto, o emperador, o papa e Henrique VIII asinaron unha alianza formal contra Francia e as hostilidades comezaron na Península Itálica. Na batalla de Bicoca, os exércitos imperial e papal derrotaron o exército francés e expulsárono do Milanesado. Despois da batalla, a loita trasladouse ó territorio francès, mentres que Venecia asinaba a paz por separado. O exército inglés invadiu Francia en 1523, mentres que Carlos de Borbón, anoxado polos intentos de Francisco de apoderarse da súa herdanza, traizóao e alíase con Carlos I. En 1524, fracasou unha tentativa francesa de recuperar o Ducado de Milán, cousa que concedeu ó Borbón a oportunidade de invadir a Provenza á fronte dun exército español.
O mesmo Francisco dirixiu un segundo ataque contra o Ducado de Milán (a actual Lombardía) en 1525. A súa desastrosa derrota na batalla de Pavia, na cal foi capturado e na que a maioría dos seus principais nobres morreron, conduciu ó fin da guerra. Mentres estaba preso en España, Francisco asinou o tratado de Madrid, no cal renunciaba ás súas aspiracións a Italia, Borgoña e Flandres. Porén, unhas semanas despois da súa liberación, rexeitou as condicións do tratado, comezando deste xeito a guerra da Liga de Cognac. Malia que as Guerras de Italia continuaron durante tres décadas máis, estas remataron sen que Francia puidese recuperar ningún territorio substancial en Italia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Malia que entre 1521 e 1526 hai cinco anos, considérase que a guerra remata coa batalla de Pavia; polo tanto, catro anos a partir do comezo das hostilidades en 1521