Saltar ao contido

Gyorgy Lukács

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGyorgy Lukács

(1952) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Lukács György Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Löwinger György Bernát Editar o valor en Wikidata
13 de abril de 1885 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1971 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Kerepesi (pt) Traducir, jobb oldali munkásmozgalmi díszsor J. 13 Editar o valor en Wikidata
Minister of Public Instruction (en) Traducir
26 de outubro de 1956 – 31 de outubro de 1956
← József Darvas (en) TraducirSupresión do cargo →
Gabinete ministerial: Second Cabinet of Imre Nagy (en) Traducir
Membro da Asemblea Nacional de Hungría
14 de decembro de 1951 – 9 de maio de 1957
Lexislatura: 1953–1958 (pt) Traducir
Member of the Provisional National Assembly (en) Traducir
2 de abril de 1945 – 3 de novembro de 1945
Lexislatura: sen valor
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd (–1909)
Universidade Humboldt de Berlín (–1907) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, estética e historia da literatura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Budapest Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, crítico literario, historiador da arte, philosopher of culture (en) Traducir, historiador da literatura, sociólogo, escritor, profesor universitario, político, especialista en literatura Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNyugat Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Hungria (pt) Traducir (1918–)
Partido dos Trabalhadores Húngaros (pt) Traducir
Partido Socialista Operário Húngaro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoMikhail Ovsyannikov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLajos Jánossy, Ferenc Jánossy Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лукач Дьёрдь)
Obálky knih,
Frankfurter Personenlexikon (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX986561 Dialnet: 122872 iTunes: 366148401 Find a Grave: 15686265 Editar o valor en Wikidata

Georg Lukács, nado en Budapest o 13 de abril de 1885 e finado na mesma cidade o 4 de xuño de 1971, foi un político e pensador marxista e un crítico literario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro dunha familia de banqueiros xudeus, estudou en Kolozsvár, Berlín (onde coñeceu a Georg Simmel) e Heilderberg, onde contactou con Max Weber e o filósofo da utopía Ernst Bloch. Destacou como militante e ideólogo do Partido Comunista Húngaro. Formou parte do goberno de Béla Kun como comisario do pobo para a Educación e a Cultura da República Soviética Húngara. Tras o derrocamento do réxime fuxiu a Viena, onde foi capturado pero finalmente liberado grazas aos auspicios de Thomas Mann. Alí tomou contacto con outros pensadores como Antonio Gramsci. Refuxiado na Unión Soviética, volveu como profesor a Budapest tras o retroceso da ocupación alemá na segunda guerra mundial. Foi membro da Academia de Ciencias de Hungría. O goberno comunista de Mátyás Rákosi tívoo afastado. Asumiu o cargo de Ministro de Cultura durante a revolución húngara de 1958. Trala deposición de Imre Nagy, foi deportado a Romanía.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

A cousificación da vida nas sociedades propias do capitalismo é o centro das súas preocupacións, onde reflexiona no fetichismo da mercancía como relación entre as persoas que acaban sendo obxectos e non suxeitos activos e libres tanto no eido económico como no eido social. Incorpora consideracións psicolóxicas da persoa individual.

Lukács rexeita tanto a concepción de Hegel que reducía a dialéctica a un movemento do Espírito como as concepcións marxistas que entendían a dialéctica como movemento unicamente da materia. Para el existe unha complementariedade na que a materia se satura de Espírito e o Espírito non pode manifestarse senón na materia. O proletariado convértese en Espírito na medida en que adquire conciencia de clase. Esta se entende como o conxunto de crenzas compartidas polos que desempeñan nas relacións económicas e sociais unha determinada función. Os traballadores organizados en partido non son só obxecto da historia en canto que factores de produción senón que se constitúen en suxeitos da historia dun xeito activo. O Partido Comunista expresa o senso da historia e conduce a través da revolución a unha sociedade sen clases. A revolución é o momento de contradición entre espírito e materia que se resolve na síntese de ámbalas dúas nun novo momento de perfección da praxe onde se unen conciencia de clase e acción. Estas ideas expostas no seu libro Historia e conciencia de clase, publicado en 1923, foron condenadas polo marxismo máis estruturalista e ortodoxo que viu nel unha liña humanista incompatible coa filosofía recollida no Capital de Marx.

Lukács amósase crítico contra o irracionalismo en filosofía que iría dende Schelling ata Nietzsche e que, consonte a súa opinión, desemboca indefectiblemente no fascismo.

Como crítico literario, Lukács entende que a auténtica literatura debe reflectir a realidade e o escritor debe achegar unha perspectiva de totalidade. Pretende descubrir no texto os condicionantes sociais, económicos e políticos que están detrás do mesmo.

Nos seus derradeiros anos traballou nunha Estética segundo o método xenético-sistemático e nunha Ontoloxía do ser social na que, tomando como eixo o traballo humano, interrelaciona necesidade con liberdade.

  • Die Seele und die Formen (1911).
  • Die Theorie des Romans (1916).
  • Geschichte und Klassenbewusstsein (1923).