Saltar ao contido

Hampton, Virxinia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHampton, Virxinia
Hampton (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoHenry Wriothesley, 3rd Earl of Southampton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°02′06″N 76°21′36″O / 37.0349, -76.3601
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoVirxinia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación137.148 (2020) Editar o valor en Wikidata (388,63 hab./km²)
Número de fogares54.847 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie352,900265 km² Editar o valor en Wikidata
Auga62,279 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1610 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Hampton, Virginia (en) Traducir Editar o valor en WikidataDonnie Tuck (en) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico757 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE51650 Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1498554 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webhampton.gov Editar o valor en Wikidata

Hampton (/ˈhæmptən/) é unha cidade independente (que non pertence a ningún condado) de Virxinia, Estados Unidos. Segundo o censo do ano 2020, a poboación era de 137 148 habitantes,[1] sendo a sétima cidade máis poboada de Virxinia, e a 204ª do país. Hampton está incluído na área metropolina de Hampton Roads, a 37ª máis grande dos Estados Unidos, cunha poboación total de 1 799 674 habitantes no ano 2020.[2] Esta área tamén inclúe as cidades independentes de Chesapeake, Virginia Beach, Newport News, Norfolk, Portsmouth e Suffolk, así como outras poboacións máis pequenas e condados. Hampton comeza a súa historia no cabo Old Point Comfort, onde se atopa o Fort Monroe, nome dado polos británicos en 1607, liderados polo Capitán Christopher Newport, quen tamén estableceu Jamestown na colonia de Virxinia, que se converteu no primeiro asentamento permanente inglés no continente americano. Desde 1952, Hampton inclúe o extinto condado de Elizabeth City e a cidade incorporada de Phoebus.

Tras a Guerra Civil estadounidense, estableceuse aquí a Hampton University en Hampton River, provendo de educación a moitos antigos escravos negros e nativos americanos, pois era unha das facultades e universidades historicamente negras que había no país (HBCUs) dentro da súa política de segregación. No século XX, estableceuse aquí a Langley Air Force Base, o Centro de investigación de Langley da NASA, así como o Virginia Air and Space Center. Hampton conta cunha extensa mariña e praias .

A cidade presenta un amplo abano de negocios e industrias, áreas residenciais, sitios históricos e outros puntos de interese, como unha pista curta de carreiras da NASCAR, a parroquia anglicana máis antiga das Américas (1610) aínda activa, así como o histórico Fort Monroe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]