Harkaitz Cano
Aparencia
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1975 (49 anos) Lasarte-Oria, España |
Educación | Universidade do País Vasco |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, poesía e literatura infantil e xuvenil |
Lugar de traballo | País Vasco |
Ocupación | escritor, poeta, guionista |
Movemento | Realismo sucio |
Premios | |
| |
Sitio web | harkaitzcano.com |
Harkaitz Cano, nado en Lasarte-Oria (Guipúscoa) o 4 de agosto de 1975, é un escritor en lingua vasca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa andaina literaria no colectivo literario Lubaki Banda, creado en 1993. A súa bibliografía abrangue a poesía, novela ou os relatos. É licenciado en dereito na UPV de San Sebastián, aínda que nunca exerceu. É colaborador habitual de varios xornais do País Vasco, así como guionista de radio e televisión.[1]
Parte da súa obra está traducida ao castelán, italiano, alemán, grego e galego.
Obras
[editar | editar a fonte]Relatos
[editar | editar a fonte]- Radiobiografiak (1995). Elkar.
- Telefono kaiolatua (1997). Alberdania.
- Bizkarrean tatuaturiko mapak (1998). Elkar.
- Neguko zirkua (2005). Susa.
- Enseres de Ortopedia Inútil (2002).
- Beti oporretan (2015). Susa. Castelán: El turista perpetuo (2017), Seix Barral.
- Mecanografiak (2018). Txalaparta. Antoloxía de relatos.
Novela
[editar | editar a fonte]- Beluna jazz (1996). Susa.
- Pasaia blues (1999). Susa.
- Belarraren ahoa (2004). Alberdania.
- Twist' (2011) Susa.
- Fakirraren ahotsa (2018). Susa. En castelán: La voz de fakir (2019). Seix Barral.
Poesia
[editar | editar a fonte]- Kea behelainopean bezala (1994). Susa.
- Norbait dabil sute-eskaileran (2001). EEF - Susa.
- Dardaren interpretazioa (2003). Olerti Etxea.
- Tigre batekin bizi (2017). Elkar.
- Gente que trabaja en los tejados (2019). Fundación Ortega Muñoz. Antoloxía en castelán.
Literatura infantil e xuvenil
[editar | editar a fonte]- Itsasoa etxe barruan (2001). Baigorri.
- Omar dendaria (2005). Elkar.
- Lesterren Logika (2005). Elkar.
- Orkestra lurtarra (2013). Elkar.
- Zer demontre dago aulkien azpian? (2016). Pamiela.
- Itzal zaunka (2016). Elkar. Ilustracións de Antton Olariaga e cancións de Jexuxmai Lopetegi.
Crónica
[editar | editar a fonte]- Piano gainean gosaltzen (2000). Erein.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Zinea eta literatura: begiaren ajeak (2008). Elkar. En castelán: Ojo y medio (2010), Meettok.
- Txalorik ez, arren (2014). edo!
- Abesti bat gutxiago (2015). Kalaportu Sare bideak + Garoa Kultur Lab. Libro disco.
- Correspondencias (2016). Erein + DSS2016. En éuscaro, castelán e croata.
Narración poética
[editar | editar a fonte]- Paulov-en txakurrak (1994). Erein.
En galego
[editar | editar a fonte]- O mar na cociña (2008). Macmillan. (Itsasoa etxe barruan). Gabriel Anxo Botana Penas.
- Pasaia blues (2013). Hugin e Munin. Tradución de Isaac Xubín.[2]
- A orquestra terrestre (2017). Xerais. (Orkestra lurtarra). Tradución de Isaac Xubín.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- 1992 - Premio Imajina Ezazu Euskadi por Deslorak Bazterrak desloratzen.
- 1993 - Premio cidade de Donostia por Eskorgak bete izotz.
- 1998 - Premio Ignacio Aldekoa Jon Mirandek balada bat idazten du Jim Morrisonen omenez
- 2005 - Premio Euskadi. Belarraren ahoa.
- 2012 - Premio Euskadi de Literatura por Twist.
- 2014 - Premio Euskadi de literatura infantil e xuvenil por Orkestra lurtarra.
- 2014-2016 - e Lista de honra do IBBY por Orkestra lurtarra.[3]
- 2018: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Escritores.org. "Cano, Harkaitz". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2020-12-28.
- ↑ "Pasaia blues – Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2020-12-28.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-12-28.
- ↑ "Entrega de los XII Premios Rosalía de Castro Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-12-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harkaitz Cano |