Saltar ao contido

Harry Belafonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHarry Belafonte

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Harold George Bellanfanti Editar o valor en Wikidata
1 de marzo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Harlem, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 2023 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Upper West Side, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
1987 – 2023 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRaymond Bell Editar o valor en Wikidata
ResidenciaUpper West Side (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónWolmer's Schools (en) Traducir
George Washington Educational Campus (en) Traducir
The New School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,82 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIndustria cinematográfica, industria musical, movemento pacifista, Movemento polos dereitos civís, música pop, música tradicional, canto, danza, actuación cinematográfica, Activismo e música popular Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, produtor de cinema, actor de televisión, produtor delegado, activista político, bailarín, actor de teatro, compositor de cancións, activista pola paz, actor, artista discográfico, animador, activista polos dereitos civís, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor en Wikidata - 2023 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCalipso, música pop, folk e world music Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariñeiro Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoJubilee Records
RCA Victor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FillosShari Belafonte, David Belafonte, Gina Belafonte Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000896 Allocine: 4022 Rottentomatoes: celebrity/harry_belafonte Allmovie: p5054 66480 Metacritic: person/harry-belafonte TV.com: people/harry-belafonte IBDB: 22172
Facebook: harrybelafonte Twitter: harrybelafonte MySpace: harrybelafonte BNE: XX872138 Souncloud: harry-belafonte-official Spotify: 6Tw1ktF4xMmzaLLbe98I2z iTunes: 184622 Last fm: Harry+Belafonte Musicbrainz: 49c48b7f-1ff1-4f02-a1aa-ca1254b46ef2 Songkick: 312959 Discogs: 273817 Allmusic: mn0000952794 WikiTree: Belanfonte-1 Deezer: 5885 Genius: Harry-belafonte Editar o valor en Wikidata
Spot da campaña electoral de 1960 a favor de J. F. Kennedy
Póster dun festival de 1964, xunto a Miriam Makeba, Joan Báez, The Beatles, etc.

Harold George "Harry" Belafonte, Jr., nado como Harold George Belafonte, Jr. en Harlem (Nova York) o 1 de marzo de 1927 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 2023,[1] foi un actor, músico e activista social estadounidense de orixe xamaicana. Axudou a popularizar o ritmo musical caribeño calipso na década de 1950.

A súa canción máis coñecida (que o levou ao número un das listas en 1957) foi quizais "Day-O (The Banana Boat Song)". Fixo aparicións no Muppets Show e a súa música utilizouse para a película Beetlejuice.[2]

En 2014 foi galardoado co Premio Humanitario Jean Hersholt.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Harry Belafonte naceu en Manhattan, Nova York, mentres que o seu pai de orixe xamaicana traballaba como xefe de cociña para a Mariña Británica. Cando Belafonte tiña oito anos, a súa familia trasladouse a Xamaica e volveu a Nova York aos trece, pero esa estancia marcou a súa vida, invadida polos ritmos caribeños.

Despois de unirse á Mariña e de servir na segunda guerra mundial, tomou clases de interpretación xunto a Marlon Brando, Tony Curtis, Walter Matthau, Beatrice Arthur e Sidney Poitier mentres traballaba no American Negro Theatre Workshop.

Comezou a súa carreira como cantante, aínda que sen moito éxito ao principio, actuando en pequenos clubs da costa leste dos Estados Unidos. Abriu un restaurante no Greenwich Village de Nova York, que despois pechou para dedicarse definitivamente ao canto.

Tamén apareceu en películas como Bright Road, Carmen Jones, Island in the Sun e The World, the Flesh and the Devil, Odds, Against Tomorrow, Uptown Saturday Night e nalgunhas campañas benéficas como USA for Africa en 1985.

A canción Day-Oh

[editar | editar a fonte]

Esta canción non era en realidade un calypso. "Day-Oh" é unha canción tradicional de Xamaica sobre os traballadores do peirao cargando bananas para exportar.

A canción foi gravada por primeira vez en Inglaterra en 1954, polo actor e vocalista de Trinidad Edric Connor. Connor chamou ao tema "Day Dah Light (Banana Loaders Song)" e incluíuno nun álbum de cancións populares xamaicanas que non foi moi divulgado.

En 1956, dous novos arranxos da canción foron gravados de forma independente por Harry Belafonte e por The Tarriers, un grupo estadounidense que interpretaba cancións populares. A versión de Belafonte, adaptada polo compositor Irving Burgie, chamábase "Day-Oh" e saíu tanto como single como no seu álbum Calypso. The Tarriers tiñan escoitado a canción doutro músico folk, Bob Gibson, que viaxara a Xamaica. A súa versión, chamada "The Banana Boat Song", é en realidade unha mestura con outra canción popular xamaicana: "Hill and Gully Rider". Tanto The Tarriers como a versión de Belafonte chegaron ás listas a principios de 1957. A canle de televisión chilena Megavisión utilizouna en 1992 nunha versión interpretada por Peter Rock e as caras da cadea daquela.

En 1988, "Day-O (Banana Boat Song)", xunto con "Jump in the Line", foron incluídos na banda sonora da película Beetlejuice, protagonizada por Michael Keaton e dirixida por Tim Burton.

Activismo

[editar | editar a fonte]

Fóra da súa carreira musical, loitou polos dereitos humanos e por causas humanitarias. Criticou a política de George W. Bush para a guerra de Iraq. Tamén apareceu na canción gañadora do Grammy "We Are the World" (1985), sendo o primeiro impusor desa iniciativa. Durante a gravación foi homenaxeado polo resto de artistas.[4][5][6]

Na década de 1960 foi invitado polo presidente da República de Guinea-Conakry, Sekou Tourè, para crear o 2º Ballet Nacional, o Ballet Nacional Djolibà de Guinea Conakry.

Harry Belafonte foi embaixador de UNICEF desde 1987, e traballou nos dereitos dos nenos africanos. En 2001 iniciou unha campaña contra a SIDA en Suráfrica.[7]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
  • Mark Twain And Other Folk Favourites (1954)
  • Belafonte (1956)
  • Calypso (1956)
  • An Evening With Belafonte (1957)
  • Belafonte Sings Of the Caribbean (1957)
  • Belafonte Sings Of Christmas (1958)
  • Belafonte Sings The Blues (1958)
  • Love Is A Gentle Thing (1959)
  • Porgy And Bess (1959)
  • Belafonte At Carnegie Hall (1959)
  • My Lord What A Morning (1959)
  • Belafonte Returns To Carnegie Hall (1960)
  • Swing That Hammer (1960)
  • Jump Up Calypso (1961)
  • Midnight Special (1962)
  • Many Moods Of Belafonte (1962)
  • Streets I Have Walked (1963)
  • Belafonte At The Greek Theatre (1964)
  • Ballads, Blues And Boasters (1964)
  • An Evening With Belafonte/Makeba (1965)
  • An Evening With Belafonte/Mouskouri (1966)
  • In My Quiet Room (1966)
  • Calypso In Brass (1966)
  • Belafonte On Campus (1967)
  • Belafonte Sings Of Love (1968)
  • Homeward Bound (1969)
  • Belafonte By Request (1970)
  • Harry & Lena, For The Love Of Life (1970)
  • The Warm Touch (1971)
  • Calypso Carnival (1971)
  • Belafonte...Live (1972)
  • Play Me (1973)
  • Concert In Japan (1974)
  • Turn The World Around (1977)
  • Loving You Is Where I Belong (1981)
  • Paradise In Gazankulu (1988)
  • Belafonte '89 (1989)
  • An Evening With Harry Belafonte And Friends (1997)
  • The Long Road To Freedom, An Anthology Of Black Music (2001)

Colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Vorwärts, nicht vergessen solidarität! (1985)

Bandas sonoras

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Keepnews, Peter (25 de abril de 2023). "Harry Belafonte, 96, Dies; Barrier-Breaking Singer, Actor and Activist". The New York Times. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  2. Editors, Biography com. "Harry Belafonte". Biography (en inglés). Consultado o 2022-04-08. 
  3. "Harry Belafonte". Oscars.org ; Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 2014-11-03. Consultado o 2022-04-08. 
  4. Nast, Condé (2013-11-11). "The Many Battles of Harry Belafonte". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2022-04-08. 
  5. "Tributo a Harry Belafonte en Usa For Africa - Subtitulado en Español". Consultado o 2024-01-31. 
  6. Sarramone, Natalia (2024-01-30). "Netflix estrenó un documental sobre la histórica grabación de “We Are The World”". RED/ACCIÓN (en castelán). Consultado o 2024-01-31. 
  7. "People; H. Belafonte". UNICEF.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2015. Consultado o 08 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]