Saltar ao contido

Honorio Maura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHonorio Maura

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Honorio Maura Gamazo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1886 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Hondarribia, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro 40°24′04″N 3°43′41″O / 40.401008, -3.728017 Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936
Circunscrición electoral: Pontevedra
Deputado nas Cortes republicanas

30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, político, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia e teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisAntonio Maura Editar o valor en Wikidata  e Constancia Gamazo Editar o valor en Wikidata
IrmánsGabriel Maura Gamazo
Miguel Maura
Constancia Maura Gamazo
Susana Maura Gamazo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1222116

Honorio Maura Gamazo, nado en Madrid o 29 de outubro de 1886 e finado en Hondarribia o 4 de setembro de 1936, foi un escritor e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Maura, estudou no Colexio dos Xesuítas de Chamartín de la Rosa. Logo de rematar o bacharelato, marchou a Francia, Suíza e Alemaña estudar a carreira de enxeñeiro industrial na Escola Politécnica de Zürich e nas universidades de Bonn e Aachen. De regreso a España, cursou a carreira de dereito en Madrid. Marchou a México e despois a Arxentina a raíz do escándalo que significou ter unha filla natural, permaneceu catro anos en América dedicado a especulacións agrícolas e gandeiras. Retornou definitivamente a España despois do seu matrimonio con Sara Pieres Fernández do Eixo en Buenos Aires (1914), compaxinando o teatro cos negocios como cofundador do Banco de Madrid (antes Banco Hispano-Austro Húngaro) cos seus irmáns e o Conde de los Andes, ademais de fundar a primeira fábrica de pavimentos de linóleo en España "Linoleum Nacional". Destacou no teatro producindo comedias enxeñosas, nas que mesturaba frivolidade coa ironía e o coñecemento da alta sociedade. Entre as súas obras destacan: Corazón de mujer, Julieta compra un hijo, Baby, La muralla de oro, Raquel, Cuento de hadas, La condesita y su bailarín, La noche loca, Por sus pasos contados, Eva, indecisa, Susana tiene un secreto etc.

Amigo íntimo e testamenteiro de Afonso XIII, coa chegada da Segunda República dedicouse case en exclusiva á política, abandonando o teatro. Fronte á actitude republicana do seu irmán Miguel, o seu ideal foi o retorno da Monarquía. Colaborou, xunto ao marqués de Luca de Tena, na constitución do Círculo Monárquico Independiente; e foi detido e acusado de participar no intento de golpe de Estado do xeneral Sanjurjo. A partir de febreiro de 1933, militou no partido monárquico Renovación Española, e foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1933. Ao mesmo tempo, colaborou no diario ABC e na revista Renovación Española, combatendo o réxime republicano. No Parlamento, criticou o accidentalismo e a táctica posibilista de José María Gil Robles e a CEDA. Logo da revolución de outubro de 1934, esixiu a derogación do Estatuto de Cataluña. Foi un dos asinantes do manifesto do Bloque Nacional, de José Calvo Sotelo. Acusado de non participar das ideas do Goberno do Fronte Popular, detivérono en Zarauz onde veraneaba. Primeiro conducírono á cadea de San Sebastián onde pasou varias semanas. Despois, un grupo de membros da FAI conducírono á fronteira, xunto a Victor Pradera, José María de Urquijo, o conde de Plasencia, o ministro da monarquía Leopoldo Matos Massieu, o político tradicionalista Joaquín Beunza e Ramón Brunet, testemuña dos feitos. En plena estrada fixéronos baixar do camión dicíndolles que os ían fusilar. Pediron un cuarto de hora para rezar o Rosario, e concedéronllo. Chegou unha partida de nacionalistas vascos que os salvou, conducíndoos ao forte de Guadalupe en Hondarribia. Foi fusilado á vista das brigadas navarras que conquistaban naquel momento Irún. Foi enterrado en Pamplona o 8 de xaneiro de 1937.

  • Corazón de mujer, 1924. Estreada no Teatro Eslava.
  • Como la hiedra al tronco, 1924. Estreada no teatro Cómico con Carmen Díaz.
  • Susana tiene un secreto, en colaboración con Gregorio Martínez Sierra, 1926, estreada no teatro Eslava.
  • El buen camino, 1926 estreada no teatro reina Victoria de San Sebastian, pola compañía Ladrón de Guevara-Rivelles.
  • Julieta compra un hijo, en colaboración con Gregorio Martínez Sierra, 1926. Estreada no teatro Reina Victoria con Josefina Díaz.
  • Cuento de hadas, 1928. Estreada no teatro Infanta Isabel.
  • La muralla de oro, 1928. Estreada no teatro Reina Victoria de Madrid con Josefina Artigas e Manuel Dicenta.
  • Raquel, 1928. Estreada no teatro Larra de Madrid.
  • Mary la insoportable, en colaboración con Gregorio Martínez Sierra, 1929. Estreada no teatro da Comedia.
  • ¡Me lo daba el corazón!, 1930. Estreada no teatro Cómico.
  • La condesita y su bailarín, 1930. Estreada no teatro da comedia de Madrid con Salvador Soler e Milagros Leal.
  • La noche loca, 1931. Estreada no Teatro Infanta Isabel, con Eloísa Muro e Manuel Collado.
  • El príncipe que todo lo aprendió en la vida, 1931. Estreada no teatro Victoria, con Antonio Vico e Carmen Carbonell.
  • Eva indecisa, 1932. Estreada no teatro Beatriz, con Hortensia Gelabert.
  • El balcón de la felicidad, 1932. Estreada no teatro Fontalba, con Carmen Díaz.
  • Hay que ser modernos, 1935. Estreada no teatro Maravillas con María Brú e José Isbert.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]