Hugo IV de Borgoña
Hugo IV de Borgoña, nado o 9 de marzo de 1213 e finado en Villaines-en-Duesmois en 1271, foi duque de Borgoña entre 1218 e 1271.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Naceu o 9 de marzo de 1213, sendo o único fillo varón do duque Odón III de Borgoña e da súa segunda muller, Alicia de Vergy. Ela era neta por liña paterna de Hugo III de Borgoña e Alicia de Lorena.
Matrimonios e descendentes
[editar | editar a fonte]Casou por primeira vez en 1229 con Iolanda de Dreux, filla do conde Roberto III de Dreux e Leonor de Saint-Valery. Desta unión naceron:
- a infanta Margarida de Borgoña (1229 - 1277).
- o infante Odón de Borgoña (1230 - 1266), conde iure uxori de Nevers, Tonnerre e Auxerre.
- o infante Xoán de Borgoña (1231 - 1268), casado con Inés de Borbón-Dampierre e pais de Beatriz de Borgoña.
- a infanta Alicia de Borgoña (1233 - 1273), casada con Henrique III de Brabante.
- o infante Roberto II de Borgoña (1248 - 1306), duque de Borgoña.
En novembro de 1258 casou, en segundas nupcias, con Beatriz de Navarra, filla do rei Teobaldo I de Navarra e Margarida de Borbón-Dampierre. Desta unión naceron:
- o infante Hugo de Borgoña (1260 - 1288).
- A infanta Beatriz de Borgoña (c. 1260 - 1329), casada con Hugo XIII da Marca.
- A infanta Isabel de Borgoña (1270 - 1323), casada co emperador Rodolfo I de Habsburgo.
Ducado de Borgoña
[editar | editar a fonte]Acompañou a San Luís á Sétima Cruzada e fixérono prisioneiro de Mansourah. En 1266 Balduíno II de Courtenay, emperador derrocado de Constantinopla, cedeulle o reino de Tesalónica pola axuda que recibira na reconquista de Constantinopla.
Baixo o reinado de Hugo IV de Borgoña, o Ducado de Borgoña expandiuse grazas á incorporación dos condados de Chalon e Auxone.