Saltar ao contido

Illa Tahaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla Tahaa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°36′26″S 151°29′15″O / -16.6072, -151.4875
ColectividadePolinesia Francesa
ArquipélagoIllas de Sotavento Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.296 (2022) Editar o valor en Wikidata (60,18 hab./km²)
Xeografía
Superficie88 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Faaaha (pt) Traducir, Haamene (en) Traducir, Hipu (en) Traducir, Niua (en) Traducir, Ruutia (en) Traducir, Tapuamu (en) Traducir e Vaitoare (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98733 e 98734 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Tahaa (en tahitiano Taha´a) é unha das illas de Sotavento do arquipélago das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 5 km ao oeste de Raiatea.

Tahaa, máis pequena que Raiatea, atópase rodeada pola mesma coroa de arrecifes, compartindo a mesma lagoa e unha vez puido ser unha soa illa. A superficie total é de 88 km², e a altitude máxima é de 590 m no monte Ohiri. A vila principal é Patio e a poboación era de 4.869 habitantes no censo do 2002.

A illa produce o 80% de toda a vainilla da Polinesia Francesa. Cultívase a variedade de vainilla tahitensis, creada nas illas grazas ao cruzamento da vainilla fragans e vainilla pompona, resultando unha variedade moi apreciada polo seu perfume e a riqueza do seu aceite. Debido á riqueza que proporcionou, dise que a vainilla é a perla negra de Tahaa. Hoxe en día a illa coñécese co sobrenome de «a illa vainilla». Tamén produce perlas dunha calidade excepcional.

Antigamente Tahaa chamábase Uporu, en recordo da illa Upolu nas Samoa. Debido á proximidade con Raiatea, foi fortemente dependente. Pero durante os séculos XVIII e XIX foi un lugar estratéxico no conflito de rivalidades entre Raiatea e Bora Bora.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]