Saltar ao contido

Illas Revillagigedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Revillagigedo
Imaxe
Tipogrupo de illas
ecorrexión da WWF Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaRevillagigedo National Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEstado de Colima, México Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 18°49′17″N 112°45′50″O / 18.82139, -112.76389
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude1.130 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altomonte Evermann Editar o valor en Wikidata  (1.050 m Editar o valor en Wikidata )
Superficiegrupo de illas: 157,81 km²
Patrimonio da Humanidade: 636.685,375 ha
zona de protección: 14.186.420,2027 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → América Latina-Caribe
Data2016 (40ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
Identificador1510
Sitio Ramsar
Data2 de febreiro de 2004
Identificador1357
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Illa Socorro
Data2016 (40ª Sesión)
Identificador1510-001

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Illa Clarión
Data2016 (40ª Sesión)
Identificador1510-002

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Illa San Benedicto
Data2016 (40ª Sesión)
Identificador1510-003

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Illa Roca Partida
Data2016 (40ª Sesión)
Identificador1510-004
Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1533 Editar o valor en Wikidata
Localización do Arquipélago

O Arquipélago de Revillagigedo ou Illas Revillagigedo son un grupo de illas no océano Pacífico. Forman parte do estado mexicano de Colima e localízanse entre 720 e 970 km ao oeste de Manzanillo (Colima) e a 386 km ao sur de Cabo San Lucas Baixa California Sur. As illas foron nomeadas en honra do Conde de Revillagigedo Dn. Juan Vicente de Güemes Pacheco de Padilla, 53er vicerrei da Nova España.

O arquipélago consiste de catro illas volcánicas: Illa Socorro, Illa Clarión, Illa San Benedito e Illa Roca Partida. Socorro é a illa máis grande cunha área de 132 km² e o seu cume volcánica, Monte Evermann, alcanza os 1130 msnm.

Non existe evidencia de asentamentos humanos antes do descubrimento das illas por parte dos exploradores españois. Hernando de Grijalva e a súa tripulación descobren unha illa deshabitada o 21 de decembro de 1533 á cal chamaron Santo Tomás. Catro días despois descubriron outra, á cal chamaron Inocentes.

En 1542, mentres exploraba novas rutas no Pacífico, Ruy López de Villalobos redescubriu a illa Inocentes á cal renomeou como Anublada, actualmente coñéceselle como San Benedito. En 1608, Martín Yañez de Armita, a cargo doutra expedición, visitou a illa de Santo Tomás e cambiou o seu nome polo de Socorro en honra á súa esposa.

As outras dúas illas foron descubertas en 1779 por José Camacho, nomeando Roca Partida ao pequeno illote rochoso localizada no medio do arquipélago e Santa Rosa á máis occidental. Santa Rosa foi despois renomeada como Clarión.

As Illas de Revillagigedo foron despois visitadas por un gran número de exploradores: Domingo do Castelo (1541), Miguel Pinto (1772), Alexander von Humboldt (1811), Benjamín Norell (1825), Sir Edward Belcher (1839), quen fixo a primeira colección botánica das illas, e Reeve (1848) quen foi testemuña da erupción do Volcán Evermann. En 1865, a illa foi explorada polo ornitólogo Andrew Jackson Grayson, quen describiu á pomba de Socorro e ao bufo anano de Socorro. O 25 de xullo de 1861, o Presidente de México, Benito Juárez asinou un decreto que outorgaba o control territorial do arquipélago ao estado de Colima. O seu plan era construír unha colonia penal na Illa Socorro, o cal nunca ocorreu.

Ao principio do século vinte, o Dr. Barton Warren Evermann, director da Academia de Ciencias de California en San Francisco, promoveu a exploración científica das illas. A máis extensa colección biolóxica foi obtida nesa ocasión. O volcán na illa Socorro foi rebautizado na súa honra.

En 1957, a Armada de México estableceu unha base naval na illa Socorro, e tivo presenza permanente na illa desde entón. O 21 de marzo de 1972, Pablo Silva García converteuse no primeiro gobernador de Colima en visitar as illas. Unha placa foi develada para conmemorar o evento e reafirmar a soberanía de Colima sobre as illas. As illas Revillagigedo seguen sendo propiedade da federación mexicana pois o decreto asinado por Benito Juárez só concedía tres anos para edificar os penais, en caso que non se construísen ou que co tempo destruísense, as illas volverían estar baixo a administración da federación.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

As illas de Revillagigedo son fogar de moitas especies de flora e fauna endémicas, e son frecuentemente chamadas as Illas Galápagos mexicanas. Das catro illas, Socorro é a máis diversa en canto a flora, fauna e topografía refírese. O goberno mexicano declarou ás illas como Reserva da Biosfera o 4 de xuño de 1994.

A ecoloxía única das illas atópase ameazada por especies importadas. Os cordeiros foron introducidos á illa Socorro en 1869. Varias especies endémicas atópanse agora ao bordo da extinción. Do paxaro burlón de Socorro (Mimodes Graysoni) só quedan 400 individuos, mentres que o perico de Socorro e o bufo anano de Socorro (Micrathene whitneyi graysoni) atópanse tamén ameazados. A pomba de Socorro (Zenaida graysoni) extinguiuse no seu medio, pero se puido criar en cativerio exitosamente.

Varias organizacións están dedicadas a deter a destrución dos ecosistemas nativos das illas. Desde 1988, o Dr. Harmunt Walter da Universidade de California en Los Ángeles UCLA e o Dr. Luís F. Baptista da Academia de Ciencias de California coordinaron a cría e reintroducción da pomba Socorro nas illas. O Comité Científico para a Conservación e Restauración do Arquipélago Revillagigedo foi fundado en 1996 e está formado por representantes de diversas organizacións, incluíndo a Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), a Universidade de Missouri en San Luís (UMSL), a Universidade de Colima e por suposto, a UCLA, entre outras. O comité dedicouse a expulsar as especies importadas ás illas, especialmente os 2000 cordeiros que habitan na illa Socorro, para permitir a recuperación do ecosistema das illas.