In extremis
Aparencia
In extremis é unha locución latina de uso actual que significa "nos últimos momentos", "nas últimas". Aplícase a certas persoas e situacións, indicando que están a piques de morrer, desaparecer, finalizar etc.
Un exemplo é cando algunhas parellas contraen matrimonio in extremis, ao estar un deles a punto de morrer, polo cal as lexislacións permiten acelerar os trámites necesarios.
Está formada pola preposición in ("en") e o ablativo plural de extremus, -a, -um ("último").