Saltar ao contido

Independentismo de Mongolia Interior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A bandeira de Mongolia do Sur, o "Sagrado Ceo Azul".
Territorios dunha Gran Mongolia.

O independentismo de Mongolia Interior (en chinés: 内蒙古独立运动) é un movemento político que busca a independencia de Mongolia Interior (tamén coñecida como Mongolia do Sur)[1] e a súa separación política da República Popular da China. Este movemento é liderado principalmente pola diáspora mongol en países como o Xapón e os Estados Unidos de América, así como nalgúns países europeos.

O movemento está liderado por tres organizacións populares: o Partido do Pobo de Mongolia Interior, liderado por Temtsiltu Shobtsood (Xi Haiming); a Alianza Democrática de Mongolia Meridional, liderada por Hada; e o Partido da Unión Liberal de Mongolia, liderado por Olhunud Daichin. Os obxectivos declarados das tres organizacións son a secesión de Mongolia Interior da República Popular Chinesa e o estabelecemento dun estado independente de Mongolia Interior ou a unificación de Mongolia Interior con "Mongolia do Norte" (tamén coñecido como Estado mongol).

  1. "Southern Mongolia". Unrepresented Nations and Peoples Organization. 25 de marzo de 2008. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]