Saltar ao contido

Instituto de Estudos Xacobeos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instituto de Estudos Xacobeos
Tipocentro de estudos
Campo de traballoCamiño de Santiago
Data de fundación22 de outubro de 1954
Organización matrizArquidiocese de Santiago de Compostela
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Instituto de Estudos Xacobeos ou Centro de Estudos Xacobeos, é unha institución cultural galega dependente da Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Creación

[editar | editar a fonte]

O Centro de Estudos Xacobeos foi creado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1954 por un decreto do cardeal-arcebispo de Santiago Fernando Quiroga Palacios. O 26 de novembro do mesmo ano foi incorporado ao "Patronato Marcelino Menéndez y Pelayo" do Consello Superior de Investigacións Científicas.[1]

Na súa carta fundacional dise que «terá como finalidade impulsar os estudos de investigación en torno ao santuario do apóstolo Santiago, preocupándose de todo o que fai referencia á persoa de Santiago o Maior, a súa actividade apostólica, sepulcro, culto, peregrinacións ao seu santuario, e aínda —en segundo termo— do que se refire á sede compostelá».[1]

Foi o primeiro centro que se preocupou por dar un novo impulso ao renacemento dos estudos xacobeos e á peregrinación a Compostela no século XX. É significativa a categoría intelectual do seu primeiro consello directivo:[1]

Cargo Nome
Presidente Cardeal Quiroga Palacios
Director Manuel Rey Martínez
Secretario Ramón Otero Túñez
Bibliotecario Casimiro Torres Rodríguez
Xefe da sección de Historia Antiga Juan Pérez Millán
Xefe da sección da Idade Media Frei José Campelo
Xefe da sección de Historia Moderna e Contemporánea Antonio Fraguas Fraguas
Xefe da sección de Arte José María de Azcárate Ristori
Xefe da sección de Literatura Enrique Moreno Báez
Xefe da sección de Arqueoloxía José Guerra Campos
Xefe da sección de Musicoloxía Pedro Echeverría Bravo

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

A súa principal finalidade é a publicación dos traballos realizados polas diversas autoridades culturais, principalmente especializados en temas xerados polo apóstolo Santiago e a súa peregrinación. Tamén dar novo impulso ao rexurdimento dos Estudos Xacobeos e a peregrinación a Compostela no século XX. O seu maior logro é o de manter vivo o espírito da dimensión teolóxica-cultural do feito Xacobeo.

Revista Compostellanum

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Compostellanum.

Único órgano do Centro de Estudos Xacobeos e do Instituto Teolóxico Compostelán. Comeza a publicarse en 1956 e publica ao ano catro volumes; dous de investigación teolóxica e dous de estudos históricos, preferentemente sobre o tema de Santiago na historia. Trata temas como a peregrinación cristiá, a igrexa católica, relixión ou arquitectura relixiosa. O primeiro número da revista foi publicado no primeiro trimestre de 1956, baixo a dirección do profesor Manuel Rey Martínez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]