Saltar ao contido

Jabal Katrina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaJabal Katrina
(ar) جبل كاترين Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Parte dePenínsula do Sinaí Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
División administrativaSinaí do Sur, Exipto Editar o valor en Wikidata
Mapa
 28°30′39″N 33°57′19″L / 28.5108, 33.9553
Cordilleiracordilleira do Sinaí Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.637 m
2.629 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica2.404 m Editar o valor en Wikidata

O Jabal Katrina (en árabe: جبل كاثرين) é unha montaña con 2.637 metros de altura que constitúe a maior elevación orográfica de Exipto.

O nome Jabal Katrina é unha transcrición do árabe, cuxa tradición literal é "montaña" (jabal) de "Catarina" (Katrina), en alusión a Santa Catarina. Pode traducirse por Monte Catarina ou talvez, mellor, como Monte de Santa Catarina. Así en francés é mont Sainte-Catherine.

Situación

[editar | editar a fonte]

O Jabal Katrina érguese no sur da península do Sinaí, no noroeste do territorio exipcio, na gobernación de Janub Siná.

Tradicións relixiosas

[editar | editar a fonte]

O Jabal Katrina corresponde ao lugar no que Moisés recibiu as táboas da Lei, e non o que actualmente se identifica como o monte Sinaí.

Nunha aba do monte edificouse, desde moi antigamente, o mosteiro de Santa Catarina, que fica en realidade entre dúas elevacións: unha que corresponde ao cume onde Moisés recibiu as táboas da lei, e outra onde o corpo martirizado de Santa Catarina foi depositado por anxos, segundo a tradición.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]